Reunión da APDR cunha deputada de “En Marea”


Reunion.coa.deputada.Anxela.08.06.2018

A Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) esixe ao novo goberno español que aborde a solución definitiva á presenza do complexo ENCE-ELNOSA na Ría e cumpra así o compromiso adquirido coa APDR tanto polo PSOE como polo grupo Marea-Podemos no pasado ano 2016. Ver: nota da APDR do 01.06.2018

O venres 8 de xuño mantivemos unha reunión coa deputada no Congreso Alexandra Fernández de “En Marea”, e transmitímola que para sanear a ría de Pontevedra é fundamental a saída do complexo industrial de Lourizán, sumando todos os esforzos posíbeis para conseguir que o novo goberno español decrete a caducidade de Elnosa e revogue a prórroga a Ence.

Nesa liña estamos a facer os trámites necesarios para solicitar unha entrevista coa nova ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, que asume as competencias de Medio Ambiente, para que teña información de primeira man sobre este asunto e cumpra os compromisos adquiridos.

Ver Hemeroteca da APDR:

Boletin.congreso.2016

La Comisión de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, en su sesión del día 6 de abril de 2016, ha acordado aprobar con modificaciones la Proposición no de Ley sobre anulación de la prórroga de la concesión otorgada a ENCE Energía y Celulosa, presentada por el Grupo Parlamentario Podemos-En Comú Podem-En Marea y publicada en el «BOCG. Congreso de los Diputados», serie D, núm. 28, de 7 de marzo de 2016, en los siguientes términos, entendiendo, de acuerdo con su admisión a trámite por la Mesa del Congreso, que irá dirigida al Gobierno que se constituya:

«El Congreso de los Diputados insta al Gobierno a:

– Promover urgentemente, mediante la presentación del correspondiente Proyecto de Ley, la recuperación de los niveles de protección del litoral recogidos en la Ley de Costas 22/1988, de 28 de julio, dejando sin efecto las modificaciones introducidas en este sentido por la Ley 2/2013, de 29 de mayo, y las situaciones jurídicas particulares generadas en contra del interés general protegido por la ley.

– Anular la prórroga otorgada a ENCE Energía y Celulosa en la ciudad de Pontevedra.»

Fonte: http://www.congreso.es/public_oficiales/L11/CONG/BOCG/D/BOCG-11-D-66.PDF

A proposición non de lei aprobada na Comisión de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente do Congreso dos Deputados o 6 de abril de 2016, foi acordada co PSOE (emenda) e sumou os votos de Compromís, ERC, PNV e Democracia i Llibertat.

Aos votos en contra do Partido Popular, sumáronse a abstención de Ciudadanos que manifestouse en contra de anular a prórroga a ENCE.

Dita votación do 6 de abril do 2016 contou coa presenza dun representante da xunta directiva da APDR (ver prensa e tv)

Podes compartir en:
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Print this page
Print