ENCE e o PP quérennos calar !!


CARTAZ-ENCE-multaO 9 de febreiro desenmascaramos a política de lavado de imaxe de ENCE (e a súa compra de vontades) denunciando cunha pancarta na inauguración da exposición “Patrimonio da nosa Ría” organizada pola Asoc de consumidores Rías Baixas, comisariada por Milagros Barà e patrocinada pola empresa ilegal de Lourizán, responsabel do deterioramento ambiental e económico da Ría e comarca, que tamén entregou un furgón à confraría de San Telmo para as Maricadorxs de Campelo. Ence leva toda a vida tentando lavar a sua imagen, ultimamente soltando cartiños para comprar vontades. Depois de décadas de conflito, quen se deixa comprar a estas alturas tamén se fai responsábel das consequencias da sua presencia.

AGORA a politica represiva pro-ence quere facernos CALAR coa imposición dunha sanción de 601 por berrar “ENCE-ELNOSA fóra da ría”

Podes compartir en:
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Print this page
Print