Ecologistas en Acción apoia á APDR na súa oposición ao proxecto de dragado do río Lerez


Este pasado domingo día 7 de xullo, o veleiro Deusa Maat estivo na Ría de Pontevedra apoiando á “Asociación Pola Defensa dá Ría” (APDR) na súa campaña de oposición ao actual proxecto de dragado do canle do Río Lérez entre as escolleras e na zona do porto deportivo. Aínda que é certo que para a APDR, a eliminación dos sedimentos depositados en Ría puidese parecer unha obra razoable e supostamente necesaria para mellorar a produtividade dalgún banco marisqueiro e para favorecer as actividades náutico-deportivas, non é menos certo que a análise dos Proxectos e Estudos de Impacto Ambiental (EIA) presentados desde o ano 2011 pola Xunta de Galicia e Portos do Estado, revelan evidencias e incertezas que recomendan non levala a cabo, polo menos mentres non exista a seguridade de que esta actuación vai cumprir o obxectivo que se propón e non vai provocar prexuízos irreversíbeis.

En primeiro lugar, dos datos mostrados, dedúcese que a actuación vai ter unha duración efémera, e que en poucos anos a situación volverá ao seu estado actual facéndose necesario realizar novas dragaxes cuns custos elevados e novos impactos ambientais sobre Ría e os sectores afectados. Tal como asegúrase no EIA, os factores hidrodinámicos que determinan a disposición actual dos sedimentos, volverán actuar logo da obra situándoos onde se atopan actualmente, deixando en evidencia a ineficacia dunha actuación que, no mellor dos casos, daría resultado por un breve período de tempo. Os documentos aportados ao longo destes 8 anos, non xustifican o impacto ambiental que se vai a producir nin en que medida se mellorará a produción nos bancos marisqueiros que se verán afectados polos movementos de areas, podendo suceder que ao final saian prexudicados.

E tampouco resultan aceptábeis, ao noso xuízo, os puntos elixidos para depositar os sedimentos dragados, na ensinada de Campelo e ao suroeste da illa de Tambo, na contorna do punto de vertido final do emisario que transporta as augas de vertido da EDAR de Os Praceres e do complexo ENCE-ELNOSA. Resulta sorprendente que se propoña rexenerar os bancos marisqueiros de Campelo (ou crear un novo banco entre a saída do emisario e a illa de Tambo) cos sedimentos dragados, uns lodos altamente contaminados con metais pesados, materia orgánica e coliformes si temos en conta os resultados das análises das mostras recolleitas en 2009, os únicos aportados polo goberno galego ao longo de todo este procedemento administrativo.

Para APDR e Ecologistas en Acción, a solución aos problemas de sedimentación no Lérez, require unha xestión global, entendendo ría como un sistema, o que implica acometer as principais causas que están provocando esta situación. En efecto, para conseguir resolver o problema asociado aos cambios na dinámica sedimentolóxica, é necesario iniciar canto antes a retirada dos recheos ilegais realizados sen o preceptivo estudo de impacto ambiental no Porto de Marín que, pola súa magnitude, prexudicaron gravemente esta dinámica no interior de Ríaa. E tampouco servirá de nada ningunha actuación, si non se pon freo á eucaliptización dos nosos montes e os arrastres erosivos que se producen nas bacías que desaugan na Ría tralos incendios forestais, que transportan miles de toneladas de areas e limos que colmatan a súa zona máis interna. Xa para rematar, habería que acometer tamén a eliminación dos vertidos altamente contaminantes procedentes da EDAR de Os Praceres e do complexo ENCE-ELNOSA, que aportan elevadas taxas de contaminación a estes sedimentos.

E, de acordo coas últimas noticias coñecidas, a Xunta de Galicia pretende cambiar o punto de vertido dos sedimentos procedentes da dragaxe, propoñendo agora unha zona próxima á illa de Sálvora, na Ría de Arousa, unha zona utilizada xa en ocasións anteriores como punto de vertido da dragaxe dos portos de Marín, Vigo e Vilagarcía, unha solución que tamén consideramos inadecuada ao entender que estes lodos -insistimos, cunha carga contaminante elevada- deberían ser tratados previamente para a súa inertización e, posteriormente, utilizados como recheo nalgunha zona que o precise.

Cando o veleiro pasou fronte a ENCE sacamos as bandeiras negras que Ecologistas en Acción concedeu a ENCE pola súa contaminación no seu informa anual de 2019

En calquera caso, esta modificación do anterior proxecto -ao que desde a APDR presentaron alegacións sen obter resposta algunha por parte da administración galega- comporta de forma inevitábel unha nova exposición pública do proxecto, unha ocasión que debería servir para emendar as deficiencias existentes no anterior proxecto e que adiantamos. Entre outras cousas, esiximos a realización dun novo estudo de impacto ambiental, non só polo que se refire ao impacto ambiental que puidese provocar o vertido no novo punto agora elixido, senón tamén nas labores de dragaxe, que valore de forma realista e sen incertezas os posibles impactos positivos e negativos que unha actuación como a proposta podería carrexar, para o que será fundamental a realización de novas tomas de mostra ao longo de todas as zonas a dragar e a súa posterior análise; así mesmo, entendemos que se debe realizar tamén un estudo de custos-beneficios que permita decidir se procede ou non a execución do novo proxecto.