Non máis mortes no Mediterraneo!! Venres 23 ás 20h na Peregrina


RACHA CO SILENCIO!! NON MAÍS MORTES DE MIGRANTES NO MEDITERRANEO!!

A APDR apoiou a concentración convocada en réxime de autoconvocatoria (“Pontevedra cos migrantes”), dirixida a todas as persoas e organizacións solidarias, na Praza da Peregrina de Pontevedra do venres 23 de agosto ás 20h. 

Sobre a convocatoria: Tras unha primeira convocatoria aberta da CGT de Pontevedra, distintas organizacións (CGT, APDR, Podemos, Sumamos) apoian un proxecto de concentración solidaria urxente en réxime de autoconvocatoria dirixida a todas as persoas e organizacións solidarias, consensuando a lectura dun manifesto, elaborando paneis informativos cara ao acto na rúa, e acordando ter un micrófono aberto capaz de dar voz ás distintas sensibilidades (organizacións e persoas) que o requiriran. A primeira data de convocatoria proposta foi denegada pola Subdelegación do Goberno por coincidir con outra actividade

Texto lido no acto:

RACHA CO SILENCIO!!    NON MÁIS MORTES DE MIGRANTES NO MEDITERRANEO!!

 

 Dous barcos o Open Arms e o Ocean Viking de Médicos sen Fronteiras e SOS Mediterráneo, esperaban autorización para levar a porto seguro en Italia a áis de 600 persoas rescatadas na costa de Libia. Este mércores 21 de agosto, o Open Arms incautado polas autoridades xudiciais italianas e ameazado de multa polo goberno español puido desembarcar a todos os mígrantes que tiña rescatados a piques de naufragar. Onte O Ocean Vikinh tamén puido desembarcar aos máis de trescentos mígrantes que levaba.

 

Fai apenas un mes un mes, na primeira quincena de xullo, unha facción militar libia, apoiada por Francia, bombardeou, consciente e deliberadamente, o centro de detención de Tajura, suburbio de Trípoli, no que permanecían detidos 800 refuxiados e mígrantes detidos días antes ao intentar chegar as costas italianas en pateras clandestinas. Nesa matanza perderon a vida case cen mígrantes.

 

Unha semana máis tarde, o 26 de xullo, un novo naufraxio no Mediterráneo provocou a morte de outros 150 mígrantes.

 

No que vai deste ano 2019 xa son máis de 840 as persoas que morreron intentando chegar á Unión Europea desde o norte de África. A lista ignomiosa dos 35.597 mígrantes mortos no Mediterráneo nos últimos anos só recolle aqueles de nome coñecido, polo que hai que engadirlle outras ducias de milleiros de persoas, desaparecidas ou non identificadas. Agora mesmo, decenas de miles de inmigrantes están presos en condicións infames nos Centros de Internamento que constrúe e finanza a Unión Europea nas dúas ribeiras do Mediterráneo.

 

Esta desolación ten a súa orixe e causa nas leis de Estranxeiría e nas políticas migratorias aprobadas, financiadas e executadas polos gobernos españois e da Unión Europea, pois a necesidade de migrar a outro país xurde da devastación e miseria do país propio.

 

Lamentablemente a desolación que se está a vivir na África subsahariana e oriental –Malí, Níxer, Chad, República Centroafricana, Sudán, Etiopía, Nixeria, …- non acontece por falta de recursos e materias primas nesas nacións, senón máis ben, polo saqueo de eses bens levado a cabo, de deito inmesericorde, polas poderosas empresas do Capitalismo máis noxento, apoiado polos gobernos máis poderosos, entre eles, os da Unión Europea.

Ver os paneis informativos do acto:

Ver abaixo panel con caricaturas e imaxes que alertan da crise migratoria no Mediterraneo:

Ver abaixo panel con imaxes da Galiza migrante:

Ver abaixo o panel cos 5 textos sobre a evolución do tema migratorio na UE (ver tamén en galego os pdf de cada texto 1, 2, 3, 4 e 5):

Ver abaixo os textos do panel en galego:

♦ Ver galeria de fotos da concentración no facebook da APDR e en Pontevedra Viva

♦ Presentación e fin do acto:

Ana Corzo (artista e doutora en Belas Artes): lectura inicial do manifesto e lectura final dun poema.

♦ Falantes en micrófono aberto, que relataron a súa experiencia de solidariedade a nivel local e a nivel europeo:

Conchi Vazquez (membro do Circulo do Silencio de Pontevedra): informounos da actividade, dende fai dous anos, do “Círculo do Silencio de Pontevedra” en solidariedade cos mígrantes e refuxiad@s. Actividade que se manifesta nunha concentración o primeiro venres de cada mes ás 20,30h na Praza da Peregrina para facer visíbel este drama social.

Ana Miranda (membro da misión de observación dos rescates de ONGs no Mediterráneo en 2018 como eurodeputada galega do BNG): relatou a súa experiencia a bordo dunha embarcación de rescate da ONG Proactiva Open Arms, xunto a outr@s eurodeputad@s, na que viviu en primeira persoa o rescate de 59 persoas e criticou a política migratoria da UE, defendendo a integridade da ONG contra os intentos de criminalizala.

Grazas a todas as persoas que colaboraron na organización, ás que visitaron a exposición dos paneis e ás que participaron na concentración.

Podes compartir en:
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Print this page
Print