A APDR participou na lectura colectiva da Declaración Universal dos Dereitos Humanos


A APDR estivo representada entre as trinta persoas que deron voz á Declaración Universal dos Dereitos Humanos no seu aniversario, no acto de Amnistia Internacional en Pontevedra.

Coma APDR, tras ler o artigo que nos asinaron (o artigo 19 relativo ao dereito á liberdade de opinión), denunciamos os límites actuais da liberdade de expresión que soportamos actualmente os movementos sociais, entre outras, pola vixencia actual da “Lei Mordaza”.

Montaxe con fotos de Cristina Saiz, da galeria de fotos en PontevedraViva

Compartir:
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter