Asóciate


modelo-inscripcion-sociaasociate-1

A APDR naceu a finais do ano 1987. Ao longo destes anos ten realizado campañas que teñen influído na situación do noso entorno e na conciencia ambiental dos cidadáns. Esta actividade é posible grazas aos socios e socias da APDR que participan, colaboran e apoian a nosa Asociación. Neste momento en que a degradación ambiental ensombrece o futuro do planeta, o fortalecemento do movemento ecoloxista é fundamental de cara a crear un escenario máis esperanzador para nos e para a humanidade.

Na asociación pola defensa da Ría estamos a traballar na defensa do medio ambiente na bisbarra da Ría de Pontevedra, intentando, na medida das nosas posibilidades, evitar aquelas actuacións que implican degradación dos sitemas naturais. Ademáis, colaboramos solidariamente con outras organizacións na defensa da natureza noutras partes do mundo xa que somos conscientes de que os problemas ambientais son, cada vez máis, problemas globais. Para realizar este traballo necesitamos a participación de todos; na medida en que máis persoas aportemos o noso esforzo nestes obxectivos, mellor poderemos conservar o noso medio e o noso futuro.

Si desexas colaborar coa APDR en calquera dos seus eidos de actuación ou queres propoñer algunha actividade nova, se queres denunciar algunha agresión á naturaleza, non dudes en poñerte en contacto con nos a través do noso correo electrónico (apdr@apdr.info) ou visitándonos calquera martes á partir das 8:30 no noso local na Rúa dos Soportais nº 9, 1º de Pontevedra ou chamando, este día, ao 886212705. Tamén podes deixarnos unha mensaxe no apartado de CONTACTO.

Se desexas facerte socio/a podes encher o Modelo de inscripción para mandalo ao noso correo electrónico: na sección contacto ou inprimilo e envialo ao noso enderezo postal: apdo. de correos 414, 36080 Pontevedra. Indícanos si estarías disposto a colaborar coa asociación en algún tema ou área específico.