Manifestación antitouradas: Tauromaquia ABOLICIÓN!


Para nós, defensoras das causas naturalistas, ambientalistas e xustas co noso entorno é unha obriga estar, sempre, ao carón de Touradas fóra de Pontevedra na súa loita contra as touradas, unha aberración sanguenta que ensombrece a imaxe da nosa vila e que é preciso erradicar tanto por motivos éticos como sociais.

Non queremos esa barbarie na nosa cidade ni na Galiza.  O maltrato animal non é arte nin cultura, é tortura!

A campaña presentouse aos medios na Praza de Touros:

Colamos:

 

E estivemos de Mani:

Ver galería de fotos de Chano Andión en: https://www.facebook.com/media/set?vanity=defensadaria&set=a.797484965877882

MANIFESTO TOURADAS FÓRA DE PONTEVEDRA 2024

(Lido por Violeta Mosquera, integrante do grupo Bala, doutora en Psicoloxía Evolutiva e Comunicación e pregoneira das Festas da Peregrina en 2021)

Moi boa tarde a todas e todos,

Máis un ano estamos nesta praza, van xa máis de 17 anos desde que comezamos a mobilizarnos pola fin das touradas en Pontevedra. Quizais hai xente que non vexa avances, porque o certo é que o cruel espectáculo segue aí mais se botamos unha ollada no tempo podemos ver como o feito de estar hoxe aquí ten os seus resultados.

Seguro que nestas últimas semanas notastes algo nas rúas, algo distinto ao que podíamos ver nas últimas décad as por esta época, algo que danaba a imaxe da cidade e outorgaba uns privilexios que non tiñamos o resto. Verdade que non vistes os paneis metálicos taurinos que enchían rotondas e farolas? Pois iso non é casualidade, é grazas a todas e todos vós e a unha loita incansábel que fixo que neste 2024 o lobby taurino non tivera permiso para o enaltecemento da tortura animal.

Esta conquista vén precedida doutras moitas que acadamos grazas a esta carreira de fondo na que estamos inmersas. En 20 anos aumentou a concienciación, o traballo ou a asistencia ás mobilizacións, aínda lembramos cando as concentracións non pasaban das 50 persoas e as touradas non eran un problema a cuestionar por boa parte das persoas desta cidade.

Nestes anos acadamos que Pontevedra cidade e provincia fosen declaradas como lugares libres de touradas ou que a Deputación de Pontevedra pechase a billa dos milleiros euros cos que regaba ao empresariado taurino, por certo, seguimos atentas por se desde o novo goberno provincial tentan retroceder nestas conquistas. Acadamos tamén vitorias simbólicas mais importantes como que a programación taurina desaparecese do programa das festas da Peregrina, a supresión da publicidade municipal na praza ou a non presenza nesta de cargos do goberno municipal, entre outras.

Neste 2024 conseguimos o compromiso do Concello de Pontevedra de erradicar os paneis metálicos de propaganda taurina que enchían as rotondas e parques da vila.

Ao longo destes anos as nosas mobilizacións foron medrando, a conciencia da cidadanía de Pontevedra tamén e pola contra, a feira taurina foi perdendo presenza, cada ano con menos días, menos programa e menos asistencia. Todo isto pode semell ar pouco, mais lembrade que loitamos cos únicos recursos que temos, os humanos; nós non recibimos millóns de euros públicos, tampouco temos a voz que teñen outros nos medios de comunicación, e en ocasións enfrontamos unha descarada ocultación e silenciamen to por parte dos que defenden os intereses do mundo
taurino.

Como dicimos, isto é grazas a todas e todos vós e tamén a todas as persoas que fixeron e fan parte da plataforma Touradas fóra de Pontevedra. Con todo, seguro que estades a pensar nunha persoa q ue foi o motor deste colectivo e que aínda que hoxe xa non está fisicamente entre nós, segue presente no noso corazón, nos nosos pensamentos e na historia desta loita.

Case dous anos despois da partida de Malú aínda non soubemos adaptarnos a esta nova situación; mentiriamos se dixéramos que non pensamos en abandonar a loita, ou que o noso funcionamento
sexa mellor, pero si hai algo que segue intacto e son as conviccións: as mesmas que tiña Malú, esas conviccións que máis cedo do que tarde levarán a acabar coas touradas e a facer de Pontevedra unha cidade mellor dentro dunha sociedade mellor. Malú, segues moi presente na nosa loita e nos nosos corazóns, non te esquecemos.

Por todo isto, non nos imos acomodar co xa acadado, temos aínda unha tarefa presente e é facer de Pontevedra e polo tanto de Galiza un territorio libre de touradas.

Hoxe berramos por unha Pontevedra libre de touradas e instamos novamente á Xunta de Galicia a que modifiquen a fraudulenta Lei de Protección Animal, a cal fai das touradas unha excepción, porque se queren, poden, mais como sabedes, o problema é que quen goberna Galiza é uns dos porque se queren, poden, mais como sabedes, o problema é que quen goberna Galiza é uns dos principais valedores dun principais valedores dun lobbylobby taurino que vive de chuchar recursos públicos, xa que saben que sen taurino que vive de chuchar recursos públicos, xa que saben que sen eles, a súa morte sería moito máis rápida. Hoxe a Xunteles, a súa morte sería moito máis rápida. Hoxe a Xunta de Galicia é a principal responsábel da a de Galicia é a principal responsábel da existencia desta feira do terror.existencia desta feira do terror.

En canto ao Concello de Pontevedra temos que parabenizalos por evitar que as rúas de Pontevedra apareceran cos paneis metálicos taurinos, gustaríanos que se tivese feito antes xa apareceran cos paneis metálicos taurinos, gustaríanos que se tivese feito antes xa que é unha que é unha reivindicación de vello, mais benvido sexa este compromiso coa nosa plataforma, e así como somos reivindicación de vello, mais benvido sexa este compromiso coa nosa plataforma, e así como somos críticas, sabemos recoñecer os pasos no bo camiño. Non tiña sentido que este críticas, sabemos recoñecer os pasos no bo camiño. Non tiña sentido que este lobbylobby tivera uns tivera uns privilexios que non tiñamos o resto.privilexios que non tiñamos o resto.

Con todo, non podemos dicir o mesmo do convenio, contra o que seguiremos a loitar pola súa total demos dicir o mesmo do convenio, contra o que seguiremos a loitar pola súa total supresión. Nin axudas directas nin indirectas; existen moitas alternativas que dar na Feira Franca supresión. Nin axudas directas nin indirectas; existen moitas alternativas que dar na Feira Franca sen que sexa necesario drenar de fondos públicos ao empresariado taurino, e sen que sexa necesario drenar de fondos públicos ao empresariado taurino, e tamén, por que non tamén, por que non dicilo, sen necesidade de usar os cabalos. As nosas portas seguen abertas para poder seguir dicilo, sen necesidade de usar os cabalos. As nosas portas seguen abertas para poder seguir chegando a acordos que beneficien a nosa cidade.chegando a acordos que beneficien a nosa cidade.

Por último tamén solicitamos ao Goberno de España que sexa valente, son quen teñen a tixola pola a man, non pode ser que leven adiante unha lei de benestar animal que blinda as touradas, non pode man, non pode ser que leven adiante unha lei de benestar animal que blinda as touradas, non pode ser que o goberno manteña intactos todos os privilexios dun ser que o goberno manteña intactos todos os privilexios dun lobbylobby que é rexeitado pola maioría da que é rexeitado pola maioría da cidadanía do Estado Español. Como primeiro paso, se quixeracidadanía do Estado Español. Como primeiro paso, se quixeran manterse en pé, que subsistan cos n manterse en pé, que subsistan cos seus propios medios, pero saben que iso sería a súa desaparición por iso teiman en chuchar os petos seus propios medios, pero saben que iso sería a súa desaparición por iso teiman en chuchar os petos de todos e de todas e acceder a fondos europeos.de todos e de todas e acceder a fondos europeos.

En definitiva, pedímosvos non decaer nesta loita, nin en pensar que esta mobilización é o esta mobilización é o tradicional paseo de verán que da inicio ás Peregrinas, o tempo mostra que non é así. Animarvos a tradicional paseo de verán que da inicio ás Peregrinas, o tempo mostra que non é así. Animarvos a facer parte de Touradas fóra de Pontevedra porque se conseguimos todo isto, imaxinade o que facer parte de Touradas fóra de Pontevedra porque se conseguimos todo isto, imaxinade o que podemos conseguir se cada ano somos máis.podemos conseguir se cada ano somos máis

Grazas mais unha vez e seguimos na loita.

A tortura non é arte nin cultura!

Tauromaquia abolición!

Touradas fóra de Pontevedra!

Podes compartir en:
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Print this page
Print