9 de maio: estreamos en Pontevedra o documental “A loita final”


O VENRES 9 DE MAIO ÁS 19:30, NA AULA 16 DA FACULTADE DE BELAS ARTES, a “Asociación Pola Defensa da Ría” (APDR) organizou a estrea oficial en Pontevedra do documental “A LOITA FINAL”, realizado e dirixido por ENRIQUE BANET, director de fotografía e realizador de Televisión, e no que a produción e documentación correu a cargo de MABEL RIVERA, sen lugar a dúbidas unha das máis recoñecidas actrices de cine, teatro e TV do panorama galego e estatal.

O documental, aborda o problema da excesiva eucaliptización de Galiza, ligado á proxectos industriais extractivistas como o de ENCE na Ría de Pontevedra e a pretendida instalación de ALTRI-GREENFIBER na ULLOA, proxectos que poñen en serio perigo os nosos ríos e rías, a calidade de vida e a saúde das persoas e a economía da zona onde se implantan.

O acto tivo un éxito rotundo de 200 persoas nunha sala que non puido acoller a todas as que acudiron. Ver abaixo vídeos e fotos do acto.

 

Podes compartir en:
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Print this page
Print