1 de xuño: Marcha contra celulosas. “Nin ENCE na ría, nin ALTRI na Ulloa”


A Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) xunto á Plataforma por unha Ulloa Viva e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (Pedra) convocamos unha nova Marcha, desta volta contra Ence e Altri e con carácter nacional.

Non faltes, comparte!

 

XANTAR NA ALAMEDA DE PONTEVEDRA DESPOIS DA MARCHA:

O domingo 1 de xuño ao remate da MARCHA CONTRA ENCE E ALTRI, haberá xantar e concerto na Alameda de Pontevedra. Nesta ocasión pódese reservar un menú pechado servido nas mesas, sen ter que gardar cola, e cun prezo realmente popular (25€/persoa).

Haberá mesas e cadeiras para 500 persoas e, para quen reserve, o menú será o seguinte:

1 Prato grande de polbo para cada catro persoas.

Churrasco con patacas fritidas e 1/2 chourizo criollo para cada persoa.

1 garrafa de viño para cada catro persoas.

Auga e pan.

De desexalo, poderíase repetir churrasco e criollos.

Tamén haberá un “grifo” de cervexa xestionado por nós coma fonte de ingresos para a Asociación.

Cubre este formulario para reservar a túa praza no xantar. A reserva só será válida unha vez feito o pago por Bizum ou transferencia bancaria:  https://forms.gle/NmKBmnXS2Lwm76kFA

 

Non quedes na casa, tes buses desde todo o país grazas ao esforzo de Greenpeace, Ecoloxistas en Acción e a CIG. Apúntate neste formulario para acudir o 1 de xuño a Pontevedra. Non faltes!!:

👉🏿 https://forms.gle/dym8RpyWKakdhKf89

Ver presentación da convocatoria da Marcha o 19.05.2025:

Representantes da Asociación pola Defensa da Ría (APDR), a Plataforma por unha Ulloa Viva e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (Pedra), presentaron aos medios esta marcha contra as celulosas de ENCE e de Altri, co respaldo de voceiros de organizacións apoiantes como Ecoloxistas en Acción, Greenpeace, CIG e ADEGA.

  • Antón Masa, presidente da APDR, subliñou e lembrou:
    • O novo aliciente deste ano: a loita contra Ence e Altri é parte da “mesma loita” e a marcha debe servir para que Altri nunca sexa unha realidade.
    • O seu convencemento de que a celulosa de Altri non se vai a instalar nunca: falta de financiamento, a oposición dalgún organismo implicado na explotación da auga do Río Ulla e pola mobilización social mantida a nivel galego.
    • De como a mobilización social impediu no seu día a instalación dunha fábrica de papel xunto a Ence e de como a loita da xente que traballaba na Ría de Arousa e vivía da pesca no río Ulla non fixo posíbel a instalación de ENCE sobre o río Ulla antes de proxectarse en pontevedra.
    • Co intento de instalación da fábrica de Altri en Palas de ReiA a Xunta de Galicia está a reproducir o modelo franquista de industrialización, modelo que hoxe non debería ter cabida na Galicia .
    • Dos pararelismos en similitudes nos dous proxectis celulósicos e o seu modelo extractivista:  Altri racharía o modo de vida actual baseado na explotación de recursos gandeiros e agrícolas, ademáis de afectar ao Camiño de Santiago, mentres que Ence esnaquizou o marisqueo e a pesca. Todo iso sobre unha eucaliptización masiva de montes, moita terra de labor, terra agrícola e pasteiros, ocupados polo eucalipto.
  • Mónica Cea, voceira da Plataforma Ulloa Viva
    • Animou a participar na marcha nunha data de mobilización xa marcada anualmente pola APDR, tralo anuncio da Declaración de Impacto Ambiental sobre Altri e a espera dunha inminente autorización ambiental integrada. Denunciou a manipulación de datos técnicos (modificacións técnicas sen xustificación debida) e anuncou que seguirán denunciando estas cuestións a través de accións administrativas como xurídicas necesiten co fin de parar esta macrocelulosa.
  • Ángel Villanueva, voceiro da PDRA,
    • Chamou a participar na marcha con máis motivo este ano, porque vai contra as celulosas: a que xa existe e a que aínda non existe, esperando que non exista nunca.
    • Alertou de que esta celulosa pretende implantarse na cabeceirao do río Ulla, que abastece fundamentalmente á ría de Arousa, polo que toda a contaminación que se produza, que non é pouca, baixará polo río e chegará á ría máis produtiva de Galicia.
    • Lembrou que cando se implantou Ence na Ría de Pontevedra, esta se consideraba menos productiva e remataron coa súa produción. Parece que neste caso non lles importa a diminución de produción que vai haber ou a desaparición da produción nuha Ría de Arousa que se sendo sendo a máis produtiva.
    • Denunciou a aposta da Xunta por un cambio de modelo, do minifundismo e da intervención de moita man de obra, ao modelo de grandes industrias e as súa portas xiratorias (conflicto de interese), coa destrución do modelo de vida do interior de Galicia e, consecuentemente, tamén do modelo de vida da ría de Arousa e da costa: “Neste momento non temos unha celulosa que nos estea contaminando a ría, pero temos unha espada de Damocles que nos dá moitísimo medo de que ou modelo que actualmente coñecemos de produción poida desaparecer”:
      • 1.540 mariscadores a pé (o 44% de Galicia), 1.548 embarcacións pesqueiras e marisqueiras (o 40% de Galicia), 2.319 bateas de mexillón (o 68,7% de Galicia), que xeran 4.177 empregos directos, dos que 951 son por conta allea. Ademais, os empregos xerados en terra polas bateas multiplicarían por catro esa cifra, chegando a 16.708 postos de traballo. Tamén sinalou que dos 253 operadores de agricultura rexistrados no Craega (Consello Regulador dá Agricultura Ecolóxica de Galicia), 140 corresponden á ría de Arousa.
    • Constata que non é comparable a destrución de emprego que se vai a producir coa “posible creación de emprego” publicitada por Altri.
    • a. e que xa foron baixando as expectativas: “Creo que eran 500, despois foron menos, agora imos a menos. Non son comparables. Que lle pregunten aos gandeiros, á xente que vive do leite, á xente que fai queixos, á xente que fai agricultura ecolóxica non interior de Galicia, que lles pregunten a ver que tal lles vai colocar esa fábrica aí”Os convocantes alertaron tamén do consumo de auga prevista por Altri (46 millóns de litros diarios) e advertiron que devolverán máis de 30 millóns a máis de 20 graos de temperatura.Villanueva rexeitou o argumento da conselleira de Medio Ambiente, Anxos Vázquez, de que “ninguén bebe directamente do río”, explicando que “non fai falta, ou río leva esa auga con sulfatos, hai moitos problemas”.O representante da PDRA incidiu en que “aquí ou que lles falta é auga e cartos, porque ou eucalipto xa ou teñen. A auga é un ben fundamental que en Galicia nunca botamos de menos porque sempre tivemos moita, pero xa nos comeza a faltar e debemos tratala ben”, lembrando que é fundamental na alimentación e no benestar.

Comezamos as coladas:

En Vigo:

En Pontevedra:

E a colocar faixas:

E a poñer mesas informativas:

Ver vídeos da Marcha:

https://youtube.com/shorts/h1OPkwzvEGc?feature=shared

https://youtube.com/shorts/KlKcJnpYUfU

https://youtube.com/shorts/6IJKLq8zVFk

Podes compartir en:
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Print this page
Print