21 de setembro: Móllate polos ríos no Río Valdecorvos


Móllate polos ríos

O Proxecto Ríos xa leva organizando dende o 2008 este día de Limpeza Simultánea en numerosos concellos de Galiza. É un día no cal voluntarios e voluntarias saen aos seus ríos para recoller o lixo que atenta contra a riqueza dos nosos ecosistemas fluviais. Miles de quilogramos de refugallos xa foron extraídos de moitos ríos galegos polos centos de voluntarios/as que teñen participado nas limpezas anteriores.

Animámosvos a participar este ano para que vaiades ao voso río e recollades ese lixo que acaba coa súa biodiversidade e beleza.

O máis importante deste día é a labor de concienciación social que entre todos e todas realizamos. Axudamos a manter un bo estado de conservación nos nosos ecosistemas fluviais e facémoslle ver á cidadanía que as pequenas accións valen moito.

En Pontevedra participa na limpeza do Río Valdecorvos.

Se estás interesado en participar connosco podes porte en contacto no:
☎️ 666 62 14 38

Ver nota de prensa do mesmo 21.09.2025:
Nota.de.prensa.Limpeza.Simultánea.de.Ríos.valdecorvos.21.09.2025
Ver listados de reproducción de 9 pequenos vídeos:

Podes compartir en:
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Print this page
Print