Presentamos á Manifesta do 24 de maio en Pontevedra: polo arquivo definitivo de ALTRI e o peche de ENCE


POLO ARQUIVO DEFINITIVO DE ALTRI E O PECHE DE ENCE

O arquivo do proxecto de ALTRI anunciado pola Consellería de Economía e Industria, que a Xunta vincula á falta de conexión eléctrica, é unha vitoria indiscutíbel do pobo galego que expresou a
súa vontade ao berro de “ALTRI NON”. Con efecto, nin a negativa á conexión eléctrica a ALTRI por parte do Goberno do Estado, nin o arquivo do proxecto pola Xunta se terían producido nunha situación de desmobilización social.

Neste sentido, na APDR queremos celebrar este trunfo social, un primeiro paso cara á vitoria final que, máis pronto que tarde -e coa mobilización social como principal argumento- conseguirá dar por terminado de forma definitiva o proxecto. En calquera caso, non podemos desligar a loita contra ALTRI da loita contra a celulosa de ENCE en Lourizán; ambas as dúas son parte dunha mesma loita, da loita contra a contaminación dos ríos e das rías, pola recuperación dos nosos recursos, da nosa economía e calidade de vida; fan parte tamén da loita contra unha política forestal baseada na masiva eucaliptización dos nosos montes, unha política responsábel directa dos voraces incendios que asolan Galiza ano tras ano.

E temos boas novas para a loita contra a presenza de ENCE na Ría. A Comisión Europea dános arazón ao esixir ao Goberno español que adapte a Lei de Costas ás normas comunitarias no que ás prórrogas se refire. O Goberno elaborou un novo Regulamento da Lei que será aprobado en breve e que establece que as concesións en dominio público que poidan ser inundábeis (é o caso de ENCE) poderán ser revogadas e que ningunha concesión en dominio público (incluíndo as prórrogas) poderá estenderse máis alá dos 75 anos. Coa nova norma, que se poderá aplicar con efectos retroactivos, ENCE tería que abandonar Lourizán no ano 2033, podéndose revogar a concesión no caso de non aceptar a Empresa este novo prazo. Así pois, O PECHE DE ENCE ESTÁ MÁIS CERCA, e A LOITA CONTINÚA.

NIN ENCE NA RÍA, NIN ALTRI NA ULLOA…. CELULOSAS FÓRA!!!

Ver fotos da presentación aos medios:

Apúntache ao xantar neste enlace!: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdWVeXuGhlRw9e1dUioPETsC7vZc1nbeUtpM5-IU5DjRY9pPg/viewform?pli=1

Xantar-Festa APDR 2026

O domingo 24 de maio, ás 12:30, sairemos desde a Alameda de Pontevedra en manifestación polas rúas da cidade. Ao remate, celebraremos unha festa e xantar popular na Alameda.

Podedes facer reserva para o xantar, enchendo o formulario que xuntamos. Haberá menú para adultos e infantís:

Adultos (25€/persoa): polbo (1 ración / 2 persoas), churrasco (a repetir), empanada, sobremesa e 1 garrafa de viño (para cada 6 persoas).

Infantil (11€/persoa): empanada, churrasco, sobremesa e refrescos.

Importante: o envío do formulario cuberto non supón a reserva de praza, ésta só será efectiva unha vez confirmado o pago, mediante Bizum (ao tlf. 666 621 438) ou ingreso ou transferencia na conta da “Asociación pola defensa da ría” (ES16 2080 5140 9130 4003 2313).

Ver vídeos da manifestación:

 

Ver fotos cedidas por Rafa Vazquez:


Ver Galería de fotos de Cristina Saiz en PontevedraViva:
Ver manifesto lido (tamén en pdf)
Manifesto_Mani_2026

 

Podes compartir en:
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Print this page
Print