Codenunciamos o escándalo de conflito de interese na OMS coas empresas de telefonía e eléctricas


O escándalo repítese na OMS: organizacións sociais europeas destapan conflitos de interese obvios entre o seu grupo de expertos sobre a saúde e radiofrecuencias e as empresas de telefonía e eléctricas.

A Asociación Pola Defensa da Ría (APDR), como integrante da Plataforma Estatal Contra a Contaminación Electromagnética (PECCEM *), participou xunto a máis de 30 organizacións europeas, có apoio da International EMF Alliance (IEMFA), na denuncia do fragrante conflito de interese do grupo central de expertos responsábeis da redacción durante este ano da Monografía da OMS de Criterios de Saúde Ambiental (EHC) sobre radiofrecuencias (RF):

A “Coordinadora europea de organizacións por unha regulación da exposición aos campos electromagnéticos (CEM) que realmente protexa á saúde pública” (**), co-impulsada pola PECCEM, enviou o 26 de xaneiro de 2017 unha carta aberta de “non confianza” á OMS denunciando o conflito de intereses no seno do grupo de expertos sobre radiofrecuencias (1), sumándose á petición realizada na mesma liña polo Grupo de traballo BioInitiative (2), panel de científicos e expertos independentes de recoñecemento internacional que revisaron máis de 4.000 estudos científicos relacionados cos campos electromagnéticos e a saúde, e que nos últimos años determinan que os campos electromagnéticos de radiofrecuencia deberían clasificarse xa como carcinóxeno humano, no grupo 1 de carcinoxenicidade da Axencia Internacional de Investigación do Cáncer da OMS.

Denunciamos o predominio de membros da Comisión Internacional de Protección de Radiación no Ionizante (ICNIRP) cuxos conflitos de interese son revelados de forma pormenorizada no informe da Asociación vallisoletana AVAATE do 2015 (3) e xa foron evidenciados polo Sr. Huss, na súa calidade de relator da Resolución 1815 de la Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa aprobada en 2011, cando na WHO.conflict.of.interest-1súa exposición de motivos cuestionaba que a estrutura “pouco transparente  e sospeitosa de vínculos coas industrias” do ICNIRP, puidera ser referente de institucións internacionais como a OMS para establecer límites de exposición aos campos electromagnéticos. O ICNIRP (e o resto de institucións que seguen os seus criterios) caracterízase polo seu negacionismo das novas evidencias de riscos potenciais para á saúde dos efectos non térmicos da radiación de radiofrecuencia, de baixa intensidade, a pesar dos recentes avances científicos coñecidos.

Os asinantes subscribimos, xunto organizacións de todo o mundo (4), o chamamento científico internacional sobre campos electromagnéticos (5) de máis de 220 científicas e científicos de 41 estados (como a profesora Elena López Martin da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela e investigadora do seu laboratorio experimental de bioelectromagnetismo), responsábeis de artigos publicados e revisados entre pares sobre os efectos biolóxicos ou sobre a saúde das radiacións non ionizantes, que solicitaron en 2015 á OMS e á ONU protexer a humanos e fauna da exposición a devanditos campos:

“…Numerosas publicacións científicas recentes demostraron que os CEM afectan aos organismos vivos a niveis moi por baixo da maioría das directrices internacionais e nacionais. Os efectos inclúen o aumento de risco de cancro, o estrés celular, o aumento de radicais libres daniños, danos xenéticos, cambios estruturais e funcionais do sistema reprodutor, déficits na aprendizaxe e a memoria, trastornos neurolóxicos e efectos negativos no benestar xeral dos seres humanos. O dano vai máis aló da especie humana, xa que cada vez hai máis evidencia de efectos nocivos tanto para as plantas como para os animais. Estes resultados xustifican o noso chamamento ás Nacións Unidas (ONU) e a todos os Estados membros do mundo, para estimular á OMS a exercer un importante liderado no fomento da elaboración de directrices para os CEM que protexan á poboación, a fomentar medidas de precaución, e a educar ao público en xeral sobre os riscos para a saúde, especialmente para os nenos e no período de desenvolvemento fetal. En caso de non tomar medidas, a OMS está incumprindo o seu cometido como organismo internacional preeminente de saúde pública”.

Os asinantes, reivindicamos transparencia, imparcialidade e criterios plurais nas avaliacións de expertos sobre riscos sanitarios dos campos electromagnéticos non ionizantes, en todos os niveis de decisión, en base á normativa básica da OMS, a Resolución 1815 da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa, e o Convenio internacional de Aarhus sobre acceso á información, participación pública na toma de decisións e no acceso á xustiza en temas medioambientais (1998). A aplicación destes principios garantiría non só a pluralidade do citado grupo principal de expertos da OMS, senón tamén a presentación de interpretacións científicas alternativas, os “puntos de vista” da cidadanía e a participación real das organizacións sociais.

Xulio Carmona, vogal da xunta directiva da APDR (apdr@apdr.info) e coordinador da Plataforma Estatal Contra a Contaminación Electromagnética (PECCEM: coordinacion@peccem.org) na Coordinadora Europea de organizacións por unha regulación da exposición aos CEM que realmente protexa a saúde pública (euro.coord.for.emf.regulation@gmail.com).

1.- http://www.peccem.org/DocumentacionDescarga/internacional/OMS/Letter.to.WHO.26.01.2017-es.pdf

2.- http://www.bioinitiative.org/bioinitiative-working-group-issues-a-no-confidence-letter-to-the-who-emf-program-manager/

3.- http://www.avaate.org/IMG/pdf/escrito_web_icnir_castellano.pdf

4.- http://www.iemfa.org/emf-scientist-appeal-to-the-united-nations/

5.- https://www.emfscientist.org/

Asinantes da carta enviada á OMS:

As organizacións fundadoras da «Coordinadora europea de organizacións por un regulamento da exposición aos campos electromagnéticos (CEM) que realmente protexa a saúde pública» * (euro.coord.for.emf.regulation@gmail.com).

  • Associazione per le Malattie da Intossicazione Cronica e/o Ambientale AMICA (Association for Environmental and Chronic Toxic Injury) – Italy. http://www.infoamica.it/. amica@infoamica.it
  • Associazione Italiana Elettrosensibiliti (Italian «Electrosensibility» association) –
    Italy. http://www.elettrosensibili.it/. presidente@elettrosensibili.it
  • Fundacja Instytut Badań Elektromagnetycznych im. Jamesa Clerka Maxwella
    (Foundation Research Institute of Electromagnetic Jamesa Clerka Maxwella) – Poland. http://www.ibe.org.pl/. ibe@ibe.org.pl
  • Movimento para a Prevenção da Poluição Electromagnética (Movement for the
    Prevention of Electromagnetic Pollution) – Portugal. https://www.facebook.com/moppe2016/. paulojvvale@gmail.com
  • PECCEM. Plataforma Estatal Contra la Contaminación Electromagnética (State
    Platform of Organizations Against Electromagnetic Pollution) – Spain. http://www.peccem.org/. coordinacion@peccem.org
  • SOS EHS-EASC (Electrohypersensitivity – Environmental Diseases of Central
    Sensitization) – Spain. http://s0s.snappages.com/. sos.ehs.easc@gmail.com

* A Plataforma Estatal Contra a Contaminación Electromagnética (PECCEM) componse de Confederacións e federacións de asociacións veciñais (como CEAV, FRAVM, CAVA,…), colectivos ecoloxistas e ambientais (como os máis de 300 grupos que compoñen a confederación de Ecoloxistas en Acción u organizacións de forte implantación local como a APDR), asociacións de pais e nais, de consumidores (como FACUA de Castela e León), de persoas afectadas de síndromes de sensibilización central como a electrosensibilidade e a sensibilidade química múltiple (como EQSDS e SOS EHS-EASC) e de colectivos e asociacións, en xeral, preocupadas polos efectos para a saúde da crecente contaminación electromagnética (como a asociación pioneira AVAATE).

** A Coordinadora europea de organizacións por unha regulación da exposición aos CEM que realmente protexa a saúde pública, impulsa o Manifesto  Europeo  de  apoio  a  unha  ICE por  unha  regulación  da  exposición  aos  campos  electromagnéticos  (CEM).  Entre os asinantes deste manifesto europeo hai científicos, investigadores e expertos, así como colexios e asociacións profesionais (como o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia) e  representantes  de  organizacións  da  sociedade  civil  [defensores da saúde, consumidores, veciñais, ambientais, ecoloxistas, sindicalistas, nais e pais,   persoas afectadas   de   síndromes de   sensibilización   central   (electrohipersensibilidade, sensibilidade  química  múltiple,  síndrome de fatiga  crónica, fibromialxia,  etc.)  e  de tumores  cerebrais,  persoas comprometidas na loita contra a contaminación electromagnética, …) procedentes de 26 estados (Arxentina, Australia,  Austria,  Bélxica,  Brasil,  Canadá,  Dinamarca,  Finlandia,  Francia,  Alemaña,  India,  Irlanda,  Italia,  Macedonia,  Países  Baixos,  Panamá,  Polonia,  Portugal,  Reino  Unido,  Rusia,  Sudáfrica, Eslovaquia, España, Suecia, Suíza e Estados Unidos).

Outras primeiras organizacións europeas asinantes:

  • CAVISOC. The CAVI Society. Children As Victims Inquiry – United Kingdom. http://www.cavisoc.org.uk/. dihanson@blueyonder.co.uk
  • EHS Foreningen af el-overfølsomme (Association for the Electromagnetically
    Hypersensitive) – Denmark. http://www.ehsf.dk/
  • Polska Unia Właścicieli Nieruchomości (Polish Union of Property Owners) – Poland. http://www.puwn.pl/. biuro@puwn.pl
  • Safe Schools Information Technology Alliance (SSITA) – United Kingdom. http://ssita.org.uk/. contactssita11@virginmedia.com
  • Stowarzyszenie Na Rzecz Osób z Zespołem Aspergera i Ich Rodzin «Jestem ZA» (Association of people with Asperger’s syndrome and their families «Jestem ZA») – Poland. http://jestemza.weebly.com/. jestemzza@gmail.net
  • Stowarzyszenie Przeciw Elektroskażeniom (The Association Against electrosmog) – Poland. rydz@pro.onet.pl
  • Stowarzyszenie na rzecz rozwoju Bielan “NASZE BIELANY” (Bielany Development Association of Cracow) – Poland. http://www.naszebielany.org/index.php. naszebielany@naszebielany.org

A organización internacional asinante:

Descarga nota de prensa

Ver artículo de Ecoloxistas en Acción