5 de xuño: ENCE fóra da ría, voltemos con xustiza ambiental e social !!


Con motivo do día Dia Mundial do Medio Ambiente a APDR participa das convocatorias a nivel galego (Movemento Galego Polo Clima) e estatal artellando o acto de Pontevedra, o Venres 5 de xuño ás 20:30, cos lemas ENCE fóra da ría, voltemos con xustiza ambiental e social.

Debido á situación sanitaria actual e co interese de garantir o mínimo risco, así como de evitar unha imaxe de aglomeración que sería contraria ao necesario exemplo nestes momentos, dispuxéronse medidas de prevención e hixiene como a limitación no número de asistentes ou a necesidade de delimitar os espazos para manter a distancia de seguridade.

Se queres participar no acto de Pontevedra podes rechear este formulario: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScH2iehnPdVd2R3Mn_qACQ6GW29dgC3oKmVun4lC5Hz8AFxTg/viewform

Ver información actualizada do acto celebrado (coa galeria de fotos e videos) en: http://www.apdr.info/wp/2020/06/05/5-de-xuno-2020-2

 

ENCE E O CAMBIO CLIMÁTICO

A industria papeleira é un dos grandes emisores de gases de invernadoiro, tanto polo que implica a nivel de emisións directas e indirectas de CO2 como polas nada desprezables de metano e óxido nitroso.

O caso de ENCE non é diferente e aínda que non se teñan realizado balances realistas do volume de gases de invernadoiro netos que a empresa está a introducir na atmosfera pódese deducir que os volumes son importantes. No que se refire ao CO2 a actividade industrial da empresa libera na súa fábrica este gas de invernadoiro en diversas fases da actividade industrial, proceden da combustión de combustibles fósiles e biomasa para producir enerxía, dos fornos de cal, das súas plantas de depuración e doutros puntos activos. Pero, non cabe dúbida de que o maior imput de CO2 causado por ENCE é o que se produce como consecuencia dunha neglixente política forestal que afecta a grandes extensións de monte de Galicia e que é consecuencia do intensivismo das plantacións que está a provocar danos nos solos que, entre outras consecuencias negativas está a eliminación e transformación en CO2 das reservas de carbono orgánico que supoñen un potente sumidoiro deste gas. Por outra banda o hipotético CO2 atmosférico fixado polos eucaliptos en crecemento é rapidamente devolto á atmosfera, dende o que se devolve directamente ao queimar a biomasa ao que por procesos de descomposición dos produtos papeleiros en diversos tratamentos de residuos vai sendo devolto nun curto período de tempo.

Parece claro que a redución de emisións de gases de invernadoiro ten que pasar pola desaparición de ENCE e polo cambio cara un modelo de xestión forestal sostible e hipocarbónico.

Ver nota de prensa do Movemento Galego Polo Clima:

5X #XuntasPoloClima

Con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, o Movemento Galego polo Clima en coordinación estatal coas plataformas 2020 Rebelión polo Clima e Alianza polo Clima, realizarán ao longo de todo o territorio estatal unha serie de accións pola xustiza social e ambiental reclamando unha #TransformaciónXusta capaz de frear o incremento da desigualdade, o incremento da temperatura global, a expulsión da xente dos seus barrios, da sanidade e mesmo de condicións dignas de vida.

A crise sanitaria e económica xerada polo coronavirus puxo de relevo todas as contradicións do sistema social e económico imperante e, ao mesmo tempo, o tipo de medidas drásticas que poden tomarse ante un reto global como a COVID–19 ou unha crise de efectos moito maiores como a ecolóxica.

Debido á situación sanitaria actual e co interese de garantir o mínimo risco, así como de evitar unha imaxe de aglomeración que sería contraria ao necesario exemplo nestes momentos, dispuxéronse medidas de prevención e hixiene como a limitación no número de asistentes ou a necesidade de delimitar os espazos para manter a distancia de seguridade.

Que? Concentración no Día Mundial do Medio Ambiente por unha saída xusta, social e ambienta, da crise sanitaria.

Cando? Venres 5 de xuño, ás 20:30 h.

Onde? accións en lugares emblemáticos de cidades e  vilas galegas: Vigo, Pontevedra, Vilagarcía, Ribeira, Compostela, A Coruña, Lugo e Ourense

Convocan: o Movemento Galego polo Clima e as plataformas cidadás 2020 Rebelión polo Clima e Alianza polo Clima, nas que se engloban centos de organizacións da sociedade civil, desde organizacións ambientais ou de cooperación ao desenvolvemento ata sindicatos e organizacións agrarias. O Movemento Galego polo Clima é unha organización social que engloba máis de 80 organizacións ambientais e sociais galegas que defenden unha saída ecosocial xusta ante a emerxencia climática.

Convócase para o día 5 de xuño, día Mundial do Medio Ambiente, accións descentralizadas en todo o territorio galego, que se coordinarán e difundirán en redes sociais baixo a etiqueta #XuntasPoloClima

+info: https://movementogalegopoloclima.wordpress.com/2020/05/29/5x-xustiza-climatica-xustiza-pola-terra-pola-xente/

Podes compartir en:
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Print this page
Print