O noso compromiso coa reciclaxe …


O noso compromiso coa reciclaxe lévanos a aplicar a reutilización e darlle unha segunda vida ás lonas das pancartas das Marchas contra Celulosas de anos pasados.

Froito dese esforzo pola aplicación dos principios de sustentabilidade e responsabilidade, e como entidade ecoloxista que tenta xerar os menos residuos posíbeis, son estes produtos artesáns que vos presentamos (bolsos, neceseres, mochilas, …).

Sara Formoso, representante do proxecto pontevedrés Tombo, asumiu o reto de traballar con este material para elaborar produtos que permanecen á venda nesta campaña de Nadal na sede da APDR ou a través das redes sociais do colectivo ecoloxista. Tombo e APDR de Pontevedra colaboramos xuntas nestas datas de Nadal.

O noso compromiso coa reciclaxe lévanos a dar exemplo aplicando a reutilización e darlle unha segunda vida ás lonas das nosas pancartas de anos pasados, como agasallos e reflexos da nosa loita na ría.

Os prezos son adaptables ás posibilidades das persoas interesadas en adquirilas. Dende neceseres (uns 20 €) ás mochilas (sobre 30 €).

Cada produto reciclado informa nunha nota no seu interior a historia da súa elaboración e reivindicando o saneamento e a recuperación da ría mantendo a aspiración de “conseguir para a nosa Ría e para a nosa comarca un futuro sen ENCE que ninguén nos vai poder arrebatar”.

Se precisades máis información 👉🏾 https://tombobags.com/ apdr@apdr.info ou nos tlfno: 886 212 705 e 666 62 14 38

 

Podes compartir en:
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Print this page
Print