A APDR chama a participar o venres 24 de abril na acción global do Movemento Galego Polo Clima


A APDR CHAMA A PARTICIPAR O VENRES 24 DE ABRIL NA ACCIÓN GLOBAL DO “MOVEMENTO GALEGO POLO CLIMA” (MGPC). NESTE CONTEXTO, EXHIBIRÁ O DOCUMENTARIO “PARAISO ROUBADO”

Baixo o lema ‘actuemos pola saúde do planeta’, o MGPC convoca unha manifestación de luces e sombras chinesas dende fiestras e balcóns para o venres ás 22:00 horas. Neste contexto, as ducias de organizacións ecosociais que o conforman, entre elas a Asociación Pola Defensa da Ría, volverán ás rúas para esixir mudanzas radicais nos nosos xeitos de producir e consumir e enfrontar así a emerxencia climática. Porén, desta vez farano dun xeito especial debido á situación de confinamento da poboación. Facemos un chamamento á cidadanía galega para participar este 24 de abril ás 22:00 horas nun novo Día de Acción Global polo Clima proxectando dende fiestras e balcóns, sombras chinesas e mensaxes nas xanelas e fachadas e a compartiren as imaxes nas redes sociais co hastag #AcciónGlobalPoloClima.

O movemento, xurdido en setembro de 2019 ao abeiro da convocatoria de mobilización mundial feita polo movemento xuvenil Fridays For Future (Venres polo Futuro), vén de publicar un novo manifesto no que, sen esquecer que a actual crise sanitaria é o mais urxente nestes momentos, chama a atención sobre a necesidade de aprender dela, afirmando que “se non aproveitamos esta forzada paralización da actividade para reducir e reorientar a nosa actividade, decidida e rapidamente, alcanzarase un cambio climático de tal magnitude e rapidez que faría imposible a nosa adaptación”. Emporiso no documento achégase tamén o seu ollar sobre as actuacións das que se debería dar conta para relanzar a actividade despois da crise sanitaria dun xeito xusto e sostible.

Advírtese que a humanidade enfronta unha emerxencia climática sen precedentes, na que tamén é necesario actuar coa responsabilidade para protexer a vida en primeiro lugar; así como que a saída da crise xerada pola COVID-19 debe vir da man dun novo modelo socioeconómico que no pode non pode basearse no nocivo modelo de produción, consumo e destrución da natureza que nos conduciu ata a emerxencia ecolóxica e social actual.

Dentro das actividade organizadas durante esta semana, previas á acción Global do venres 24, a Asociación Pola Defensa da Ría aportou o seu documentario “Paraiso roubado” para ser exhibido en directo este xoves 23 ás 21:30 a través do canal de Youtube de Nós Televisión. Esta actividade sumarase a unha completa semana de palestras web polo clima, que poñen enriba da mesa as diferentes dimensións da crise ecosocial global e moitas das alternativas impulsadas dende o movemento galego polo clima. Calquera persoa que o desexe, poderá acceder ao programa e aos ligazóns destas actividades, ao través das web da APDR e do MGPC.

VER INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA:

♦ Fai click no enlace (o abaixo no vídeo) para ver “Paraiso Roubado” o xoves 23 ás 21,30h:   https://www.youtube.com/watch?v=kwqSwFBYvvM&feature=youtu.be

♦ Ver información e os enlaces das Palestras da semana de Acción Global do Movemento Galego Polo Clima: http://www.apdr.info/wp/2020/04/20/accion-global-polo-clima/

♦ Ver abaixo vídeo invitando á Acción Global do venres 24:

♦ Ver tutoriais (vídeos, infografia, gifs) de como facer recortábeis para proxectar o día 24 de abril dende o teu balcón o fiestra en http://alianza-clima.blogspot.com/2020/04/materiales-para-la-manifestacion-de.html ou abaixo:

 

 

Podes compartir en:
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Print this page
Print