Pídenos o teu Libro da apdr:

VINTE ANOS EN DEFENSA DO MEDIO A MBENTE: 1987-2007 (10 €)

Ver Vídeo Marcha 2008



 
IMPIDAMOS A PRÓRROGA DE ENCE EN LOURIZÁN!
ASINA A PETICIÓN
https://www.change.org/es/peticiones/xunta-da-galiza-impidamos-a-pr%C3%B3rroga-de-ence-en-louriz%C3%A1n

16.05.13: DOCUMENTAL SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO: DO THE MATH 10.05.13: CEA 25 ANIVERSARIO DA APDR

-------------------

26.04.13: AS CONFRARÍAS DO INTERIOR DA RÍA DE PONTEVEDRA E A APDR MANTEÑEN A SÚA DENUNCIA DIANTE DA UNIÓN EUROPEA POR USO FRAUDULENTO DE FONDOS COMUNITARIOS NOS RECHEOS DO PORTO DE MARÍNA  ...  As Confrarías do interior da ría e a APDR persisten na queixa presentada en xullo de 2009. O uso de fondos FEDER para provocar danos ambientais e perda de postos de traballo, é contrario ao regulamento que rexe o reparto dos mesmos que explicitamente esixe que non se financien obras que impliquen estes danos ambientais e sociais. Ver nota de prensa. Ver: Faro de Vigo, Diario de PontevedraEuropa Press, Pontevedra VivaFEG,

recheos

recheos2

--------------------
17.04.13: PROXECCIÓN DO VIDEO "FUTURO PARA A RÍA DE PONTEVEDRA"  ÁS 20:30h. CENTRO SOCIAL E CULTURAL EN PÉ (Rúa Sarmiento, nº 38)
Dende a  APDR convidámosvos a  participar nesta proxección que pretende divulgar os valores naturais, paisaxísticos e mesmo económicos da Ría de Pontevedra, que deben ser a base fundamental do seu desenvolvemento futuro, para mudar o rumbo actual das cousas, para conseguir entre todas e todos camiñar cara un modelo de desenvolvemento sustentábel baseado na protección do noso medio natural e a explotación racional dos nosos recursos.

--------------------

14.03.13: ROLDA DE PRENSA DA APDR:
CONTRA A PREVARICACIÓN INSTITUCIONAL COS RECHEOS DO PORTO DE MARÍN E POLA MOVILIZACIÓN CONTRA A CONCESIÓN DE 75 ANOS MÁIS DE ENCE EN LOURIZÁN ... A pretensión da Xunta de aprobar o actual Plan Especial do Porto é razón suficiente para denunciar na fiscalia e esixir responsabilidades por delito medioambiental (recheos no porto) e prevaricación. Convocamos o martes 29 aos colectivos sociais de Pontevedra e bisbarra para valorar posíbeis accións para impedir a prórroga de 75 anos a ENCE  e permitir un modelo económico sustentábel quen de crear postos de traballo e riqueza a partir da explotación racional dos recursos marisqueiros, pesqueiros, forestais e turísticos. .... Ver dossier de prensa. Ver Faro de Vigo 20.03.13
--------------------
04.03.13: A QUE XOGA A XUNTA NO TEMA DE ENCE? ...
mentres o PP Galego dí que a Xunta obrigará no 2018 a ENCE a abandonar Lourizan, non fan máis que tratar de consolidála concedéndolle a AAI de forma irregular e ilegal, impedindo a cualificación no PXOM como zona verde e agora recorrendo a sentenza que anulou o plan sectorial de ENCE que anularia a propia AAI. Actúan como verdadeiros representantes da empresa nun caso de corrupción medioambiental. Ver nota de prensa. Ver prensa: PontevedraViva.com, Diario Liberdade. Escoitar: Vivir en Galicia 22.02.13 (do minuto 9,50 ao minuto 17,10)
--------------------
23.02.13: MAREA CIDADÁ CONTRA OS RECORTES E POLA DEMOCRACIA ... E CONTRA A CORRUPCIÓN AMBIENTAL
Dende a APDR participamos na organización desta manifestación unitaria (e actos previos: presentación pública e concentración en NCG) onde tivemos unha mesa e recollimos sinaturas contra a aplicación dunha corrupta Lei de costas que permite a prórroga a ENCE de 75 anos máis. A xustiza social e a ambiental camiñan da man.

Ver: MANIFESTO

Ver: Vídeo

Ver: Evento

Ver prensa local: Faro de Vigo 1-2-3, PontevedraViva.
com 1-2-3 , Diario de Pontevedra 1-2, La Voz de Galicia 1-2

Ver: Fotos APDR



--------------------

23 e 26.02.13: DENUNCIAMOS A CERTIFICACIÓN FORESTAL F.S.C A NORFOR (ENCE)
... Dous anos despois de que a Federación Ecoloxista Galega (FEG), á que pertence a APDR, denunciara a certificación FSC das plantacións de Ence, denunciamos a continuación do fraude e advertimos aos consumidores de que a etiqueta de xestión forestal sostible FSC (de produtos de orixe forestal a etiquetas de papel que figuran nas botellas de Coca Cola) non garanten unha procedencia sostible da materia prima coa que foron fabricados, moi ao contrario é moi posible que tras ese selo se oculte unha xestión forestal destrutiva ambientalmente e empobrecedora social e económicamente como ocorre no caso das plantacións de ENCE. Ver nota de prensa. Ver nota de prensa da APDR e novas FEG. Ver anexo sobre as repercusións medioambientais dos monocultivos de ENCE.
--------------------

05.02.13: SOLICITAMOS PARTICIPAR NA ELABORACIÓN DO PLAN PROVINCIAL DE RESIDUOS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA  ... que afecta á xestión de residuos sólidos. A APDR ven de solicitar a súa participación na elaboración do mesmo co obxecto de aportar as súas propostas de cara a conseguir un modelo de xestión sostible que, mellorando a situación actual, resulte beneficioso para o medio ambiente e para a sociedade.... Ver nota de prensa. Ver petición. Ver: Faro de Vigo, PontevedraViva.com, La Voz de Galicia.

--------------------

11.02.13: CORRUPCIÓN AMBIENTAL EN PONTEVEDRA ... coa Lei de Costas estamos diante dun novo caso de corrupción ambiental en Pontevedra, dun novo caso de conivencia das administracións coas empresas contaminantes; trátase dunha empresa que ten esgotado o seu tempo de vida en Lourizán e que sempre se caracterizou polo seu absoluto desprezo polo medio e pola cidadanía; que foi  condenada pola comisión dun delito ecolóxico continuado no tempo. ..... Ver nota de prensa. Ver PontevedraViva.com.

--------------------
04.02.13: ENTREGA NO PARLAMENTO GALEGO DE 21.000 SINATURAS DA I.L.P. DE RESIDUOS:   ..., na que participou a APDR como integrante da Federación Ecoloxista Galega, "para a aplicación efectiva dos principios de reducion, reutilización e reciclaxe de residuos en Galiza" ante unha xestión da Xunta de Galicia baseada na incineración. Ver prensa: Praza Pública, Xornal Galicia, El Correo Gallego. Visistar web da Plataforma Galega contra a Incineración e pola Reciclaxe. Ver a Iniciativa Lexislativa Popular.
--------------------

31.01.13: PALESTRA: O ESTADO MEDIOAMBIENTAL DA RÍA DE PONTEVEDRA NO CENTRO CULTURAL E CULTURAL EN PÉ  ... na que falará Antó Masa da APDR



--------------------

28.01.13: TVG / ENCE: MANIPULACIÓN

Denunciamos a vergoñenta utilización dun servizo público como a TVG para facer propaganda corporativa dunha empresa como ENCE nun informativo máis propio dun anuncio publicitario ou dun informe para os seus accionistas que dunha información xornalística nun medio público. Esiximos máis rigor xornalístico e pluralidade á TVG, … Pórse ao servizo dos intereses privados de ENCE é xusto o contrario. Ver nota de prensa. Ver Diario Liberdade



--------------------

MARTES 22.01.13: CONVOCATORIA URXENTE DE ASEMBLEA ABERTA DA APDR:
A MODIFICACIÓN DA LEI DE COSTAS E A PERMANENCIA DE ENCE NA RÍA
Ante "a posibilidade aberta polo executivo do PP de conceder a ENCE (e a outras empresas) unha prórroga de 75 anos da concesión administrativa en terreos de dominio público, e a "privatización absoluta do litoral galego e do resto das comunidades do estado español"...
 
CHAMAMOS "á ASEMBLEA, para compartir información sobre o tema e aportar as propostas que se  consideren co obxectivo de tomar iniciativas quen de frear esta nova agresión, ben sexa pola vía da mobilización social, ben mediante accións xudiciais...". Descargar nota de prensa e cartel. Ver prensa local 19.01.13: pontevedraViva.com, farodevigo.es. Ver prensa local 23 e 24.01.13: Diario de Pontevedra, farodevigo.es.
--------------------
14.01.13: PERIGO!: PARQUE EÓLICO NO MORRAZO. ENERXÍA EÓLICA SI, PERO NON ASÍ !

A Asociación Pola Defensa da Ría rexeita á instalación dun novo parque eólico no noso entorno (promovido pola empresa Enel Green Power España), desta volta no espazo natural dos Montes do Morrazo, así como o seu apoio à Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo e a súa loita en contra deste proxecto e das demais agresións ambientais que ameazan a comarca (parque industrial no Monte Pituco, desdobramento do corredor do Morrazo...)... Ver nota de prensa. Ver prensa local.


--------------------

07.01.13: ERA VISTO!: O PP PRETENDE ASEGURAR A CONTINUIDADE DE ENCE NA RÍA. ... "O Partido Popular vén de emendar a modificación da Lei de Costas no que fai á prórroga ás grandes empresas situadas no litoral e suxeitas á normativa que regula as concesións na zona marítimo-terrestre. Propón que a decisión última para determinar a concesión desta prórroga sexa competencia do Estado e non dos gobernos autonómicos, que no borrador inicial da citada modificación da Lei tiñan a posibilidade de vetar a prórroga en base a razóns medioambientais ...".  Ver nota de prensa. Ver radiopontevedra.com, pontevedraviva.com, Diario liberdade, Faro de Vigo.


1 - 2 - 3 - 4 - Seguinte > ANOS ANTERIORES >>