O 17 de abril participamos dobremente como APDR no “XXIII Encuentro PACAP,”. Encontro estatal da Sociedade Española de Medicina Familiar e Comunitaria (SemFYC) organizado a través da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria, que reúne a profesionais e axentes sociais para impulsar a saúde comunitaria como eixo estratéxico […]

Participamos no XXIII Encontro PACAP en Pontevedra


Rematamos a Asemblea do período 2025-26 tratando sobre o arquivo de ALTRI, a situación actual de ENCE, e decidimos sobre as próximas actividades. Un feixe de ideas, propostas e grandes esperanzas para este ano ilusionante que temos por diante. Unha ledicia xuntarnos mais unha vez para seguir na loita. Grazas a todas […]

Estivemos de Asemblea Xeral ordinaria o 16 de abril


Diante do arquivo do proxecto de ALTRI para Palas de Rei, anunciado pola Conselleira de Economía e Industria, que o vincula á falta de conexión eléctrica como consecuencia da decisión do Goberno central de excluílo da planificación enerxética 2025-2030, desde a APDR queremos expresar publicamente a nosa posición ao respecto. […]

A APDR solicita información á Xunta sobre o arquivo de ...



Rematado o período de exposición pública do Proxecto de dragaxe da canle do río Lérez, un proxecto no que a “Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra” (APDR) ten sido parte activa, queremos facer pública a nosa posición, expresada nas numerosas alegacións presentadas. Vaia por diante que, tendo en conta […]

Sobre a proposta de Portos de Galicia para o dragado ...


Estase a producir nestas datas unha situación de asolagamentos continuados na estrada PO-11 (a chamada autovía a Marín) que, entre outras cousas, provocou a queixa formal do Concello de Pontevedra ao “Ministerio de Transportes y Mobilidad Sostenible”. Non se trata dun fenómeno novo, por máis que nesta ocasión -e como […]

Sobre o asolagamento na Avenida de Marín


Vimos de ter coñecemento na APDR da decisión ditada polo Tribunal Supremo (TS) o pasado 9 de xaneiro pola que se desestima o noso escrito de nulidade das actuacións do Alto tribunal contra a sentencia da Audiencia Nacional que anulaba a prórroga de 60 anos concedida a ENCE no ano […]

O tribunal Supremo desestima o incidente de nulidade presentado pola ...