 |
Dende a suspensión temporal decretada polo Concello de Pontevedra no 2001 á concesión de licenzas para a instalación das antenas de telefonía que se achegaban, ata a actualidade, atopámosnos hoxe cun sombrío panorama onde, salvo o casco antigo protexido polo PEPRICA, toda a cidade está (do mesmo xeito que o resto de Galiza) salpicada de antenas base e, no caso pontevedrés, afectando á maioría das Zonas Sensibéis (centros de ensino ou recreo, sanitarios, de maiores, ...), e residenciais sen aplicar o mínimo Principio de Precaución. Non se trata de cuestionar a telefonía móbil
senón
adecúaa aos criterios de Protección da Saúde para que non siga sometida, só aos intereses económicos das operadoras, como está coa normativa estatal declarada obsoleta e potencialmente perigosa para a saúde polo propio Parlamento Europeo, e ante a ausencia dunha normativa municipal garantista. |
FOLLETOS DA APDR (2007 e 2008):
- Telefonía móbil e saúde. Pontevedra (2007)
- Telefonía Móbil e infancia (2007)
- Educación Sanitaria. USO RACIONAL DA TELEFONÍA MÓBIL (2008). CARA 1 E CARA 2

|
 
ESTAS SON AS ANTENAS BASE QUE ATOPAMOS EN 2007, SE COÑECES ALGUNHA OUTRA, INFÓRMANOS! |
A AXENCIA EUROPEA DE MEDIO AMBIENTE E O PARLAMENTO EUROPEO DANNOS A RAZÓN: os limites de exposición da norma estatal (2001) SON OBSOLETOS e non protexen a nosa saúde ... máis o Ministro de Industría non escoita. |
|
21.12.09. TELEFONÍA MÓBIL, NADAL, CATIV@S E SAÚDE: POLO PRINCIPIO DE CAUTELA
Dende o consenso científico da maior susceptibilidade na infancia e mocidade aos efectos potenciais das exposicións electromagnéticas, a APDR chama a cumplir as recomendacións do Parlamento Europeo de reducir a exposición á contaminación electromagnética, informar e protexer á infancia e á mocidade das consecuencias do uso do móbil e das agresivas campañas de comercialización con ocasión do Nadal. Ante o risco significativamente maior de tumores cerebrais asociados ao seu uso anunciado no estudo internacional da OMS Interphone, a súa coordinadora, chama a “restrinxir” o seu uso en nenos e demanda «medios para reducir a nosa exposición» aos móbiles. Requerimos ás autoridades centrais, autonómicas e municipais a considerar iniciativas como as francesas: prohibir o uso do móbil nos centros de ensino a menores de 14 anos e comezar a reducir a exposición dás antenas de telefonía móbil a 0,1 µW/m2, para preservar a saúde. Ver nota de prensa. Ver Diario de Pontevedra 22.12.09. Ver Senado francés. Ver compromiso francés de reducir a 0,1 µw/m2 en 16 cidades. Ver ordenanza proteccionista de Leganes na liña da proposta pola APDR en Vilaboa
VENRES 09.10.09 ÁS 20,30H CENTRO CULTURAL RIO MAIOR DE VILABOA: ANTENAS DE TELEFONÍA MÓBIL E SAÚDE: POR UNHA NORMATIVA QUE PROTEXA Á CIDADANÍA EN VILABOA:
Presentación pública dunha proposta de ordenanza proteccionista presentada ao Concello de Vilaboa polo Colectivo veciñal de persoas afectadas de Bértola e Esculca e a APDR, dentro do compromiso adquirido ante a veciñanza polo seu 1º tenente alcalde en decembro de 2008 e en xuño 2009. Ver:
Obxectivos da ordenanza proposta, Ver: Nota de Prensa, Ver: Dosssier de prensa 2008 e 2009
|
 |
DECLARACIÓNS E DATAS CRAVES POLA PRECAUCIÓN NO CONCELLO DE VILABOA: |
-
02.12.08: Asemblea veciñal en Bértola e compromiso do 1º tenente alcalde de Vilaboa a facer un Regulamento do espazo radioelectrico baseado no Principio de Precaución, facilitando, entre outras, á desinstalación dá antena de Bértola. Ver: Acordos tomados no Acto veciñal.
-
06.12.08: A voceira local do BNG recoñece a ilegalidade de tódalas antenas e aposta por “unha ordenanza reguladora na que se regulen tanto a ubicación como as emisións”, tendo en conta os “núcleos de poboación e núcleos sensíbeis” lembrando que a lexislación estatal infrinxe o principio de cautela. Ver noticia completa.
- 19.12.08: Máis de 250 persoas afectadas denuncian as antenas ilegais de Salcedo ao concello de Pontevedra. Ver: petición
- Febreiro de 2009: Notificación do concello de Pontevedra confirmando dita ilegalidade das antenas de Salcedo.
- 03.03.09: Resposta das persoas afectadas e da APDR: peche cautelar, regulación proteccionista do espazo radioeléctrico e diálogo cos responsábeis municipais. Ver: nota de prensa .
- 25.04.09: O 1º tenente alcalde de Vilaboa presenta en Pontevedra a súa proposta de ordenanza municipal na xornada de Telefonía Móbil e Saúde, e posterga a súa aprobación para engadir achegas expostas no debate. Ver máis
- 24.06.09: Entrégase ao Concello de Vilaboa a PROPOSTA DE ORDENANZA PROTECCIONISTA DE ANTENAS elaborada pola APDR, referendada polo Colectivo veciñal de persoas afectadas de Bértola e Esculca, e con achegas de Ceferino Maestu e Enrique Ríos Ver máis
- 09.10.09: Acto informativo de presentación pública desta proposta de ordenanza proteccionista dos colectivos sociais (Colectivo veciñal de persoas afectadas de Bértola e Esculca e APDR) e comezo de contactos con outros colectivos veciñais de Vilaboa. Ver máis
|
11.09.09: SEN SAÚDE NON SE AVANZA: ENTREGADAS AS ALEGACIÓNS AO PLAN AVANZA DO MINISTERIO DE INDUSTRIA
A APDR, xunto co resto de colectivos da “Coordinadora Provincial contra a Contaminación Electromagnética de Pontevedra”, veñen de presentar alegacións ao chamado Plan Avanza2 (2010-2012) do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio; plan de expansión das novas tecnoloxías e da chamada sociedade da información. Cando o Plan Avanza apela a conceptos como: seguridade, calidade de vida, desenvolvemento sostible e participación cidadá, non pode esquecer as medidas de cautela necesarias para manter un equilibrio imprescindíbel entre a preservación dun dereito fundamental como a saúde e os obxectivos de calidade, integración social, mellora de calidade de vida e mellora de servizos. Ver nota de prensa. Ver alegacións. Ver La Voz de Galicia 12.09.09, Ver Diario de Pontevedra 12.09.09, Ver entrevista de 22.09.09 da Plataforma Estatal contra a Contaminación Electromagnética con voceiros do Ministerio de Industria.


24.06.09. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA: A COORDINADORA PROVINCIAL PRESENTA UN MANIFESTO CONTRA A ELECTROPOLUCIÓN
Diferentes membros da Coordinadora Provincial contra a Contaminación Electromagnética de Pontevedra, da que fai parte a APDR, presentaron hoxe na Sala Sargadelos de Pontevedra o Manifesto, recén aprobado a nivel estatal, que demanda aplicar o principio de cautela xa reclamado nas últimas resolucións do Parlamento Europeo, pola Axencia Europea de Medio Ambiente, o Informe BIOINITIATIVE. Informouse do compromiso de facer un estudo sobre a contaminación electromagnética en Moaña; do compromiso do tenente de alcalde de Vilaboa de aprobar unha normativa garantista proposta polas persoas afectadas; e dos contactos veciñais co concello de Vigo. Trala presentación acordamos en xuntanza as vindeiras liñas de actuación. Ver Manifesto Ver prensa local
13.06.09. A PLATAFORMA ESTATAL CONTRA A CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA DEMANDA UNHA LEXISLACIÓN SOBRE SAÚDE E CAMPOS ELECTROMAGNÉTICOS.
A Coordinadora Provincial Contra a Contaminación Electromagnética de Pontevedra participou no 2º encontro estatal na que participan organizacións veciñais, de persoas afectadas e ecoloxistas de distintos puntos do estado, que culminou
n a elaboración dun manifesto común e a próxima creación de grupos de traballo específicos. Ver: Nota de prensa |
|
05.06.09. ACORDO DE AVALIACIÓN DA CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNETICA EN MOAÑA.
Entre as propostas presentadas polos colectivos de afectados, veciñais e ecoloxistas (que apostamos por primeiro avaliar para despois limitar e minimizar a contaminación electromagnética); nunha mesa con representastes do concello, Telefónica Móviles e un representante do Ministerio de Industria); aceptouse facer un estudo para avaliar a exposición a Campos Electromagnéticos en Moaña con medicións por parte dun grupo de expertos independentes dirixido polo Dr. Ceferino Maestu investigador e docente da E.T.S. de Enxeñeiros de Telecomunicación da Universidade Politécnica de Madrid. Estudo que se desenvolvería despois do verán. Ver Nota de prensa do 06.06.09. Ver: Faro de Vigo 08.06.09 |
|
12 E 29.05.09 CAMPAÑA PARA NAIS E PAIS DE USO RACIONAL DO TELÉFONO MÓBIL NAS ANPAS DE ARCADE E PORRIÑO
A APDR desenvolveu nestas datas actos informativos con nais e pais do CPI Padín Truiteiro en Soutomaior (Arcade) e do CEIP de Atios (Porriño) no marco da campaña cos ANPAs dentro da colaboración coa Federación de ANPA de Pontevedra e a Coordinadora Provincial contra a contaminación electromagnética. Por outra banda se está a facer xestións co profesorado do IES de a Xunqueira I para unha acción formativa. Ver Nota da Presentación. Ver Folleto: CARA A / CARA B. Ver: dossier Campaña do Concello de Lyon (galego, castelán, francés) |
|
25.04.09: XORNADA PROVINCIAL EN PONTEVEDRA; TELEFONÍA MÓBIL E SAÚDE....
... por unha regulación en base a criterios de saúde e evitación de riscos. A "Coordinadora Provincial Contra a Contaminación Electromagnética de Pontevedra", nada o 24 de xuño de 2008 da confluencia de asociacións veciñais, ecoloxistas. de nais e pais, colectivos de persoas afectadas; autoconvócase nunha xornada onde consolídarse organizatívamente abrindo un debate na sociedade no campo sanitario, xurídico, municipal e de educación para a saúde. Ver Cartel. Ver Programa da xornada. Ver Invitación. Ver Dossier de prensa


21.04.09: ACTO VECIÑAL DE PEDRA CHOCA EN CANGAS SOBRE A RESOLUCIÓN PARLAMENTARIA EUROPEA DE ABRIL na Casa da Cultura ás 20h, que contará como relator cun membro da APDR |
|
|

|
14.04.09: COLECTIVOS DE AFECTADOS, VECIÑAIS E ECOLOXISTAS PRESENTAMOS ALEGACIÓNS AO PLAN DE IMPLANTACIÓN DE VODAFONE EN MOAÑA. Ver Alegacións |

|
07.03.09. NACE A PLATAFORMA ESTATAL CONTRA A CONTAMINACIÓN ELECTRO-MAGNÉTICA con membros da Coordinadora Provincial de Pontevedra e da Federación Veciñal Roi Xordo de Ferrol . Ver: Nota de prensa |
|
|

Foto Capotillo. La Voz de Galicia 12.06.07 |
03.03.09. COS AFECTADOS DE SALCEDO E VILABOA: NOTIFÍCANNOS A ILEGALIDADE DAS ANTENAS DE SALCEDO: AGORA POLO PECHE CAUTELAR ... Lembramos ao Concello de Pontevedra as máis de 250 sinaturas dos afectados solicitando o Peche e a regulación das antenas co criterio de Precaución (tal e como comprometeuse o Tenente de Alcalde de Vilaboa) e entrevista coas concellerías implicadas. Ver: nota de prensa. Ver: Petición ao Concello de Pontevedra. Ver dossier de prensa: 2008 e 2009 |

3 Mastros de T. móbil e L. de alta tensión. Foto Noé Parga (Faro de Vigo 07.12.09) |
|
|
24.02.09. REDONDELA: COLECTIVOS DE AFECTADOS, VECIÑAIS E ECOLOXISTAS REXEITAMOS EN A PROPOSTA MUNICIPAL QUE "DES"REGULA MÁIS A IMPLANTACIÓN DE ANTENAS E CONVOCAMOS UN ACTO INFORMATIVO EN CHAPELA O 09.03.09. Este proxecto de Regulamento súmase a indefensión cidadá ante a normativa estatal e a desprotección municipal, aumentando o caos ilegal e a inmunidade dos operadores, chegando a permitir antenas ata no mobiliario urbano entre vivendas. Ver nota de prensa. Ver prensa 27.02.09 |
|
|
|
12.01.09: COLECTIVOS DE AFECTADOS, VECIÑAIS E ECOLOXISTAS (APDR E LUITA VERDE) PRESENTAMOS ALEGACIÓNS NO CONCELLO DE MOAÑA Ó PLAN DE IMPLANTACIÓN DE TELEFÓNICA MÓVILES.
Nas alegacións (só máis de 900 as entregadas a traveso dos colectivos de afectados), ademáis dos incumplimentos legais actuais, se lembra nas mesmas a necesidade de cambiar os criterios da normativa local (declarados obsoletas en Resolución 04.09.08 do Parlamento Europeo en base aos consellos da Axencia Europea de Medio Ambiente e o Informe Bioiniciativa) polo que empraza ao Concello de Moaña para cambiala en base ao Principio de Precaución, para compatibilizar saúde e novas tecnoloxías. Ver: Nota de prensa, Ver: Alegacións presentadas pola APDR
19.12.08. AS ANTENAS ILEGAIS DE SALCEDO DENUNCIADAS POR MÁIS DE 250 PERSOAS AFECTADAS ANTE O CONCELLO DE PONTEVEDRA.
Máis de 250 persoas afectadas residentes na Saxosa -Bértola-Vilaboa-, A Esculca –Salcedo- e A Carballa –Salcedo- asinan a proposta entregada hoxe no Concello de Pontevedra por Laureano Rodríguez Soto, e apoiada tamén pola APDR. Na proposta solicítase 1º información e peche cautelar das antenas ilegais de telefonía móbil de Salcedo, 2º un regulamento do espazo radioelectrico en base ao principio de precaución (afastando as antenas das zonas residenciais e sensíbeis) e 3º entrevista cos responsábeis das Concellarías implicadas do Concello de Pontevedra. Ver: Petición ao concello de Pontevedra. Ver: Dossier de prensa 2008 e 2009

17.12.08: PRESENTACIÓN DA CAMPAÑA PARA PAIS E NAIS DE USO RACIONAL DO TELÉFONO MÓBIL.
Presentación do folleto de educación sanitaria e ambiental no uso racional da telefonía móbil, como ferramenta para traballar estes temas nas súas familias e nace da colaboración da APDR coa Federación de ANPA de Pontevedra e a Coordinadora Provincial contra a contaminación electromagnética de Pontevedra. Ver Nota da Presentación. Ver Folleto: CARA A / CARA B. Ver: dossier Campaña do Concello de Lyon (galego, castelán, francés)
|
|
|
Folleto de Educación Sanitaria da APDR
|
Concello de Lyon (Francia) |
05.12.08: ACTO INFORMATIVO NO SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO DE MOAÑA SOBRE ANTENAS E SAÚDE CONVOCADO POLO COLECTIVO DE PERSOAS AFECTADAS E O MOVIMENTO VECIÑAL, APOIADO POR LUITA VERDE E APDR.
Ante a imposibilidade de demostrar a inocuidade aos campos electromagnéticos e a dificultade para concluír un mecanismo causa-efecto, se constata a relación causal manifestada no estudo Bioiniciativa con diversas patoloxías base da Resolución do Parlamento Europeo (04.09.08) que declara OBSOLETOS e INSEGUROS os límites de exposición actuais vixentes no estado español. Acórdase neste acto elaborar e distribuír ALEGACIÓNS AOS PLANS DE INSTALACIÓN de antenas de telefonía móbil en Moaña denunciando as ilegalidades actuais e remarcando a necesidade de actualizar a normativa municipal en base ao consenso actual sobre Principio de Precaución. Ver: convocatoria , CONCLUSIÓNS E ACORDOS TOMADOS NO ACTO, Faro de Vigo 07.12.08

02.12.08: ACTO INFORMATIVO SOBRE ANTENAS E SAÚDE E ASEMBLEA VECIÑAL EN BERTOLA (VILABOA): O CONCELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE COMPROMÉTESE A IMPULSAR UNHA ORDENANZA MUNICIPAL BASEADA NO PRINCIPIO DE PRECAUCIÓN.
Tralo acto informativo aprobouse SOLICITAR: A SANIDADE, un estudo epidemiolóxico; ao CONCELLO DE VILABOA. unha normativa baseada no principio de precaución e a posterior retirada da torreta da antena de Bertola; ao CONCELLO DE PONTEVEDRA a suspensión da emisión das antenas ilegais de Salcedo. Francisco Torres, 1º Tenente de Alcalde de Vilaboa, comprometeuse a xestionar a mencionada ordenanza e solicitar a sanidade o estudo; o vogal da APDR comprometéuse a que dita asociación mediaria co Concello de Pontevedra.Ver: Nota de prensa, ACORDOS TOMADOS, Dossier de prensa 2008 e 2009
 
21.11.08: PROGRAMA DA RADIO GALEGA SOBRE ANTENAS DE TELEFONÍA MÓBIL, SAÚDE, VECINOS AFECTADOS E ESTUDOS EPIDEMIOLÓXICOS.
Programa de radio "un día por diante", reportaxe monográfico dirixido por Pichi Varela onde falan colectivos de afectados da Provincia de Pontevedra. O Dr. José Carro Otero, Catedrático da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela e Presidente da Real Academia de Medicina e Cirurxía Galega, demanda alonxar as antenas dos nucleos de poboación todo o posíbel en base ao principio de precaución ata que non se estude e coñeza máis. Documento sonoro en MP3 , Enlace alternativo

11.11.08: PETICIÓN DE ENTREVISTA AO MINISTRO DE INDUSTRIA PARA CAMBIAR A “OBSOLETA” NORMATIVA ESTATAL (REGULADORA DS ANTENAS DE TELEFONÍA MÓBIL) CRITICADA ATA POLO PARLAMENTO EUROPEO
|
A Coordinadora Provincial contra a Contaminación Electromagnética de Pontevedra forma parte das máis de 50 organizacións de todo o estado (do ámbito veciñal, ecoloxista, colectivos de afectados, ANPAS,…) que acaban de presentar no Ministerio de Industria en Madrid, unha petición de entrevista; denunciando os OBSOLETOS LÍMITES DE EXPOSICIÓN, que según o propio Parlamento Europeo, NON garanten a protección, especialmente da poboación coñecida como sensíbel (Mulleres embarazadas, recentemente nados, nenos e persoas maiores, ademais de enfermos en xeral). Ver: Carta ao ministro, Comunicado de prensa, Resolución do Parlamento Europeo |
 |
24.10.08. ACTO EN PORTONOVO DOS AFECTADOS POLAS ANTENAS DE TELEFONÍA MÓBIL DE ARRA E CENTRO DE PORTONOVO
A inquedanza creada pola tramitación dunha nova instalación de antena base de telefonía nun núcleo habitado en Arra, súmase á crecente preocupación no centro de Portonovo ante a acumulación de casos de cancro nun perímetro onde concéntranse numerosas antenas de telefonía móbil; cunha normativa estatal que o propio Parlamento Europeo considera “obsoleta”. O venres 24 ás 20,30 h., trala introdución informativa de Julio Carmona da APDR, falouse sobre como defender a compatibilidade de noso dereito a saúde coas novas tecnoloxías. Ver nota de prensa e Dossier de prensa de Arra.
|
 |
30.09.08. ROLDA DE PRENSA DA COORDINADORA CONTRA A CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA: O VALEDOR DO POBO CONFIRMA A ILEGALIDADE DAS ANTENAS DE TELEFONÍA MÓBIL DE MORAÑA
A partir da queixa do colectivo de persoas afectadas de Moraña o Valedor do Pobo solicita "Que se inicien os expedientes de reposición de legalidade que se deducen da
ausencia de licenza de actividade e funcionamento das antenas de telefonía móbil obxecto da presente queixa, e que os mesmos se resolvan sen que o ente local se considere vinculado pola previa concesión, de licenzas de obra". O Valedor do Pobo lembra a obriga DE TÓDOLOS CONCELLOS a tramitar a Licenza de Actividade Clasificada por ser unha actividade PERIGOSA, aplicando o RAMINP ou, no seu caso, o Decreto autonómico 133/2008, de 12 de xuño, polo que se regula a avaIiación de incidencia ambiental.
14.07.08: O VALEDOR DO POBO REQUIRE NOVAMENTE AO CONCELLO DE MORAÑA SOBRE A FALTA DE LICENZA DAS ANTENAS DE TELEFONÍA MÓBIL EN SANTA LUCÍA:
O Valedor do Pobo segue a requerir ao concello de moraña sobre a falta de licenzas das antenas de telefonía móbil de Santa Lucía. O colectivo de afectados pola contaminación electromagnética de Santa Lucía de Moraña tamén constatan que en ningún caso o Servizo de Epidemioloxía da Dirección Xeral de Saúde Pública realizou ningún estudo sobre o cluster (acumulación de casos de enfermidades) de Santa Lucía que segue a requirir dito colectivo, senón que só achegou datos epidemiolóxicos a nivel autonómico, provincial e municipal que (tal e como posteriormente recoñeceron nunha entrevista cos afectados desde o propio Servizo de Epidemioloxía) en ningún caso poden dar constancia da existencia ou non de devandito cluster. Ver Nota de Prensa 14.07.08 . Ver: Prensa de Pontevedra 15.07.08
24 DE XUÑO DE 2008: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA: PRESENTACIÓN PÚBLICA E XUNTANZA DE COLECTIVOS SOCIAIS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA IMPLICADOS.
Con motivo do día internacional da contaminación electromagnética o martes 24 de xuño de 2008 presentouse públicamente en Pontevedra un Manifesto contra a contaminación electromagnética impulsada por 16 asociacións da provincia de Pontevedra (asociacións veciñais, de nais e pais, ecoloxistas e colectivos de afectados); todos eles implicados na defensa do medio contra a contaminación pola exposición a radiacións de hiperfrecuencias (como a exposición ás antenas de telefonía móbil) ou de radiacións de baixas frecuencias (subestacións eléctrica, transformadores). XUNTANZA: tras valorar a situación actual apróbase a formación dunha “Coordinadora Provincial contra a contaminación electromagnética de Pontevedra” cunha permante formada por un coordinador por localidade presente (Cangas -Cholo, de Pedra Choca-, Moaña -Pepe, de Luita Verde-, Moraña -Beatriz Diz, do colectivo de persoas afectadas-, Pontevedra -Xulio Carmona, da APDR-, Redondela -
Ángeles Méndez, da A.V. de Chapela- e Vigo -
Manuel Piñeiro, do C.V.C. Valadares-) como meta, despois do verán, de organizar unha xornada como xestación dunha Plataforma pontevedresa contra a contaminación electromagnética desde onde afrontar a extensión da coordinación no campo informativo e de acción a outros grupos, dando soporte no ámbito formativo-xurídico creando unha rede de apoio no campo educativo e sanitario.Ver nota de prensa 22.06.08, Ver Manifesto de Pontevedra asinado inicialmente por 16 asociacións, Ver Prensa Pontevedra
 |
|
19.06.08: O COLECTIVO DE PERSOAS AFECTADAS POLA ANTENA DE TELEFONÍA MOBIL DA RÚA JOSÉ CASAL Nº 10 (edicicio de Telefónica) DEMANDAN AO CONCELLO DE PONTEVEDRA: INFORMACIÓN, REGULAMENTO MUNICIPIAL CO CESE CAUTELAR, E UNHA REUNIÓN COS CONCELLEIR@S RESPONSÁBEIS.
O 19 de xuño, Isolina Penas Blanco, en representación de 48 veciñas e veciños, como colectivo de afectados pola antena de telefonía móbil da rúa José Casal, entregou unha solicitude ao Concello de Pontevedra. Ver: Nota de Prensa 19.06.08 Ver: Solicitude ao Concello de Pontevedra Ver Prensa Pontevedra
19.06.08: O COLECTIVO DE PERSOAS AFECTADAS POLA ANTENA DE TELEFONÍA MOBIL DA RÚA JOSÉ CASAL Nº 10 (edicicio de Telefónica) DEMANDAN AO CONCELLO DE PONTEVEDRA: INFORMACIÓN, REGULAMENTO MUNICIPIAL CO CESE CAUTELAR, E UNHA REUNIÓN COS CONCELLEIR@S RESPONSÁBEIS.
O 19 de xuño, Isolina Penas Blanco, en representación de 48 veciñas e veciños, como colectivo de afectados pola antena de telefonía móbil da rúa José Casal, entregou unha solicitude ao Concello de Pontevedra. Ver: Nota de Prensa 19.06.08 Ver: Solicitude ao Concello de Pontevedra. Ver Prensa Pontevedra 25.06.08 |
|
16.06.08. O COLECTIVO DE AFECTADOS POLAS ANTENAS DE TELEFONÍA MOBIL DA RÚA AS BARXAS EN MOAÑA CHAMA A REUNIRSE COS CONCELLEIROS.
... E lles invitan a apoiar a retirada das antenas de telefonía móbil das zonas residenciais aplicando o principio de precaución. Ver Nota de prensa 16.06.08. Ver Petición entregada no Concello |
|
SÁBADO 31.05.08: CHARLA-COLOQUIO SOBRE TELECOMUNICACIÓNS, CAMPOS ELECTROMAGNÉTICOS E SAÚDE NO CENTRO SOCIAL DE VALADARES (VIGO)
A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Valadares na defensa dun proxecto de crear un centro de telecomunicacións en Monte Cepudo (que poda incluir unha antena de telefonía móbil instalada nunha zona residencial), celebroú este Sábado 31 unha charla coloquio con Xulio Fernández Hermida (profesor do Dpto. de Teoría da sinal e comunicacións da E.T.S.E. Telecomunicación de Vigo) e Xulio Carmona da APDR. O primeiro relator introduciu á situación actual creada pola expansión dunha tecnoloxía de microndas pulsadas cos cambios e riscos potenciais que pode conlevar, introducíndonos en como disminuir a exposición a ditas radiacións no uso do teléfono móbil, e preguntándose se social ou individualmente a xente estaria disposta a cambiar os seus hábitos. O segundo enmarcou a situación actual nos medios de comunicación, sanitarios e xurídicos; recollendo as chamadas ao Principio de Precaución que demanda unha regulación a exposición ás antenas base de telefonía móbil por debaixo das accións biolóxicas coñecidas e informando e educando nun uso racional do teléfono móbil.
VENRES 30.05.08: O COLECTIVO DE AFECTADOS POLA ELECTROCONTAMINACIÓN DE AS BARXAS EN MOAÑA ENTREGAN UN ESCRITO NO CONCELLO DEIXANDO CONSTANCIA DE QUE AS ANTENAS DE TELEFONÍA MÓBIL INCUMPREN O REGULAMENTO DE ACTIVIDADES MOLESTAS, INSALUBLES, NOCIVAS E PERIGOSAS.
Trala petición de información ao concello (o 4 de abril de 2008) avalados por máis de oitocentas sinaturas, recibiron abundante información da Concellería de Medio Ambiente de Moaña (o 5 demaio de 2008). Na mesma se manifesta que o edificio de Teléfonica da rúa de As Barxas concentra, a maiores da súas antenas (Movistar), antenas de outras compañías (Vodafone e Yoigo). Tras constrastar dita información cunha asesoría xurídica e coa APDR constátase a non concesión da Licenza de Actividade polo Concello (incumplendo o Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas), situación que se fai constar vía rexistro municipal ao tempo que se chama ao conxunto dos grupos municipais para que se aplique o Principio de Precaución non concedendo dita Licenza para proceder a un peche cautelar das antenas e poder negociar unha localización que non afecte ás zonas residenciais. Ver: Nota de prensa de 30-05-08 e Notificación entregada ao concello de Moaña dito día, La Voz de Galicia do 31.05.08
06.05.08: COS VECIÑOS AFECTADOS POLA INSTALACIÓN DUNHA ANTENA DE TELEFONÍA MÓBIL NO SEU EDIFICIO NA RÚA ROSALÍA DE CASTRO NA SÚA DEMANDA AO CONCELLO DE PONTEVEDRA: INFORMACIÓN, DESMANTELAMENTO PREVENTIVO, E UNHA REUNIÓN URXENTE COS CONCELLEIR@S RESPONSÁBEIS.
Hoxe, 6 de maio de 2008, Jose Luis Vazquez Iglesias, en representación de 71 veciños e veciñas residentes no Edificio La Graña na rúa Rosalía de Castro 45-47 (fronte ao colexio de Salvador Moreno), presentou no rexistro xeral, como colectivo de afectados pola instalación dunha antena de telefonía móbil no Bloque nº 1 do mencionado Edificio, unha solicitude ao Concello de Pontevedra. Ver: Nota de Prensa 06.05.08 Ver: Solicitude ao Concello de Pontevedra
29.04.08: COS AFECTAD@S DE AS BARXAS: REUNÍÓN CO CONCELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE DE MOAÑA
Os vecin@s de As Barxas e a APDR manifestaron a súa inquedanza ao concelleiro pola non demostración da inocuidade das ondas emitidas polas antenas base de telefonía móbil como a da torreta de Telefónica na Rúa Barxas nº 18 onde se da unha concentración importante de antenas (aumentadas con outras novas nos derrardeiros meses na mesma torreta) acrecentando a exposición á contaminación electromagnética nunha zona residencial xa afectada por un transformador (no edificio do Concello) e polas liñas de media tensión que lle subministran enerxía... reclamaron ao concelleiro a aplicación do Principio de Precaución coa retirada destes elementos contaminantes dunha zona residencial. Ver: Nota de Prensa 30.04.08 Ver: Diario de Pontevedra 01.05.08
CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA EN MORAÑA: COS AFECTAD@S DE SANTA LUCÍA, ACTO INFORMATIVO E ASEMBLEA
O sábado 29.03.08 os veciñ@s afectados de Santa Lucía de Moraña organizaron na Casa da Cultura un acto informativo presentado pola súa voceira Beatriz Diz coa participación de membros do movimento veciñal (Fini Manso da Federación de AA.VV. Roi Xordo de Ferrol) e do movimento ecoloxista (Xulio Carmona da APDR) que introduciron á situación actual científico-xurídico-legal e información sobre outros clusters. Beatriz informou sobre: a ilegalidade das 3 antenas base de telefonía móbil e do transformador (ausencia de licenza de actividade), a respota á documentación enviada por Sanidade (que non respondía ás demandas dos veciñ@s de facer un estudo epidemiolóxico: "só enviaron datos a nivel autonómico, provincial e de Moraña non extrapolables á situación de Santa Lucía"), e o coñecemento de novos casos como os 2 de cancro no CPI de Santa Lucía que se suman aos 4 xa detectados en devandito centro de ensino. Se acorda na asemblea: enviar unha nova petición a Sáude Pública -enviada o 04.04.08- (estudio epidemiolóxico e clausura cautelar das antenas e do transformador) e denunciar a situación de ilegalidade ante o concello, o valedor do pobo e o fiscal do medio ambente. No debate se expuxo aos concelleiros presentes a necesidade dun regulamento municipal que defenda o principio de precaución ante a contaminación electromagnética. Ver Notas de prensa: 27.03.08 e 04.04.08 , Ver: Diario de Pontevedra, Faro de Vigo e Voz de Galicia do 30.03.08. Ver Voz de Galicia 05.04.08. Ver peticións a D.X. Saúde Pública: 1ª Petición do 08.06.07, 2ª Petición do 04.04.08. Ver: Recopilación de noticias de prensa sobre conglomerados de cancro e outras patoxías graves no estado español vinculadas pola poboación a antenas de telefonóa móbil próximas nos anos 2006, 2007 e 2008.


CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA EN MOAÑA: COS AFECTAD@S DE AS BARXAS, ENTREGA DE SINATURAS.
O venres 04.04.08, Xosé Manuel Taboas Couso, en nome d@s veciñ@s afectad@s pola contaminación electromagnética de As Barxas (MOAÑA) entregou 832 sinaturas no rexistro xeral do Concello de Moaña, contra o conglomerado de contaminación electromagnética desta zona residencial en expansión: antenas base de telefonía móbil (recentemente ampliadas) da torreta do edificio de Telefónica e dun transformador ambas as dúas na Rúa Barxas, o que se suma as lindeiras liñas de media tensión. Con esta petición veciñal ademais de solicitar a confirmación da existencia das súas Licenzas Municipais preceptivas (incluída a Licenza de Actividade Clasificada por estar afectada polo “Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas”) e do cumprimento xeral das normas urbanísticas, pídese o traslado das antenas de telefonía base e do transformador a un lugar fóra das zonas residenciais (compatibilizando deste xeito as novas tecnoloxías e a saúde) e un estudo periódico, independente e público sobre a afectación da contaminación electromagnética mentres execútase dito traslado. Ao mesmo tempo solicítase unha reunión co conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Rodas, que xa manifestou ao colectivo de veciños a súa disposición a tratar de inmediato con eles a problemática legal e sanitaria presentada, reunión que por outra banda contará coa presenza do coordinador da “campaña polo uso racional da telefonía móbil” da Asociación Pola Defensa Da Ría (APDR). Ver: Nota de prensa do 04.04.08, Folla de sinaturas dos veciñ@s afectad@s. Ver: Faro de Vigo 13-03-08 e Vieiros 05.04.08. Ver: Petición de información da APDR ao Concello de Moaña 30.01.02

Imaxe reflectida da Torreta de Telefónica e un dos edificios en construción. Ver Faro de Vigo
CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA EN MOAÑA: A APDR COA PLATAFORMA DE AFECTAD@S POLA SUBESTACIÓN ELÉCTRICA DE FENOSA.
Ante a subestación eléctrica que Unión Fenosa pretende situar nunha zona residencial en Trigás (San Martiño) os veciñ@s e ecoloxistas agrupanse nunha Plataforma como defensa contra esta electrocontaminación. Resumo das súas derradeiras actividades: Charla informativa ante 200 persoas (23-02-08) no colexio público de Abelendo; onde Isabel Oviedo (doutora en dereito nuclear) e Xulio Carmona (campaña polo uso racional da telefonía móbil da APDR) informaron da contaminación electromagnética e as implicacións dunha subestación eléctrica nesta zona residencial cun colexio próximo.
Participación no pleno municipal (28.02.08): conseguindo o compromiso de contar coas persoas afectadas nun proceso previo.
Participación na asamblea de comuneiros de Moaña (02-03-08): acordan apoio económico nas xestións contra a construción da subestación
Participación na 1ª reunión da comisión municipal de seguimento por unha subestación (15-03-08) xunto a representantes municipais e técnicos de Unión Fenosa
A Plataforma abandona a comisión e o alcalde se posiciona en contra da instalación da subestación en Trigás. Ver: Folla da Plataforma. Ver prensa: La Voz de Galicia 15.02.08, Diario de Pontevedra 16.02.08, Faro de Vigo 24.02.08 e Diario de Pontevedra 24.02.08, La Voz de Galicia 29.03.08. Ver: Vieiros (alegacións de Luita Verde ao PXOM de Moaña)
CAMPAÑA DE NADAL : POLO USO RACIONAL DA TELEFONÍA MÓBIL NA INFANCIA.
O 14/12/07 a APDR presentou na sala Sargadelos dita campaña denunciando a desprotección legal ante practicas empresariales coma as de Imaginarium, que ofertando as bondades de "seguridade" do seu teléfono móbil comete unha grave irresponsabilidade a nivel sanitario e educativo rebaixando a cota de mercado das multinacionais telefónicas a nen@s cada vez máis pequen@s, obviando o recomendado "principio de precaución" (Ver: Folla informativa, Chamada á Precaución do Ministerio de Saúde francés). Tamén denunciamos a colaboración do Centro infantil de ocio CAMELOT coa publicidade dun teléfono móbil convencional de VODAFONE que oferta o acceso aos debuxos animados de POCOYO feitos para preescolares y de gran éxito no público infantíl. Ver Mercavedra

Rolda de prensa en Faro de Vigo 17/12/07
CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA: CO GRUPO DE VECIÑ@S AFECTAD@S EN CELA (BUEU).
Domingo 21.10.07: A Comunidade de Montes Veciñais de Santa María de Cela autoriza a instalación dunha antena base de telefonía móbil da compañía Vodafone, no lugar de Costa Grande (Chans)
Luns 22.10.07: nace o grupo de veciñ@s afectadas en Cela pola instalación (anunciada) dunha antena de telefonía móbil en Chans que comeza unha campaña de información, sensibilización e recollida de sinaturas polo principio de precaución ante a imposición dunha antena cerca das súas
Domingo 28.10.07 cheo na charla informativa aberta dun membro da xunta directiva da APDR, na Casa da Cultura de Cela, onde informou da actual situación científico-sanitaria-legal, destacando a necesidade de regulamentos baseados no principio de precaución
Martes 06.11.08: entrega de 650 sinaturas no rexistro municipal de Bueu
Mércores 07.11.08: Presencia de numerosos veciñ@s de Cela no Pleno municipal: compromiso do alcalde Félix Juncal de non dar licenza
20.11.08: Grupo de comuneros de Cela impugnan o acordo de instalación dunha antena de Vodafone
Compromiso posterior do goberno municipal: regular específicamente sobre as antenas de telefonía móbil baseándose no principio de precaución. Ver: comunicado, impugnación comuneiros, noticias de prensa.

Veciñ@s de Cela no pleno municipal de Bueu
A APDR SOLICITA AO CONCELLO INFORMACIÓN SOBRE A LEGALIDADE DAS ANTENAS BASE DE TELEFONÍA MÓBIL
Continuando o estudo do mapa das 20 antenas base detectadas na cidade así como das zonas sensíbeis afectadas (colexios, lugares de recreo, centros de maiores, centros sanitarios, ...), o sábado 22 de Setembro, se solicitou ao concello de Pontevedra "información detallada sobre as antenas base de telefonía móbil instaladas e en funcionamento na actualidade na nosa cidade que contan coa prescritíbel Licenza Municipal, necesaria para poder realizar a súa actividade". Esta petición . vai paralela á campaña de información que se está desenvolvendo nos centros escolares en colaboración coas ANPAS. Nota de prensa do 21 de Setembro de 2007. Ver solicitude
O CONSELLO ESCOLAR DO CEIP FROEBEL SOLICITA LA RETIRADA DA ANTENA DE TELEFONÍA QUE ESTÁ A ESCASOS METROS DO COLEXIO NA RÚA ECHEGARAY.
Coincidindo co fin do curso académico 2006-2007 na asemblea do Consello escolar do Centro de Educación Infantil e Primaria de FROEBEL, a proposta da ANPA Pardo Bazan do CEIP de Froebel, solicitou ao Concello de Pontevedra que, de acordo co principio de precaución regulado polo Tribunal de Xustiza da Unión
Europea e recollido en tratados e convencións internacionais subscritos por España:
cando subsista incerteza respecto á existencia e á importancia dos riscos para a saúde
das persoas, as institucións poden adoptar medidas de protección sen ter que esperar a
que a realidade e a gravidade dos riscos estean plenamente demostrados, se retire a
antena instalada no edificio nº 24 da rúa Echegarai. debateuse o perigo potencial que supón a proximidade da antena basee dá rúa Echegaray 24, propondo: a súa retirada en base ao Principio de Precaución. Ver: Solicitude ao Concello de Pontevedra
PRESENTACIÓN DA CAMPAÑA DE INFORMACIÓN SOBRE CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA E A TELEFONÍA MÓBIL
A APDR e o Colectivo de persoas de afectadas polas antenas de telefonía de Moraña, súmanse a Chamada do día Internacional contra a CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA, denunciando públicamente a lexislación permisiva cos intereses das operadoras de telefonía móbil que esquecen estudos multicentricos (REFLEX) con datos CONCLUINTES sobre os EFECTOS XENOTÓXICOS da radiación da teléfonía móbil aos niveis autorizados nunha exposición CONTINUADA nos humanos (máis grave na infancia e na vellez). Presentouse o material da campaña: un Tríptico informativo cun mapa de antenas de telefonía de Pontevedra coas ZONAS SENSÍBEIS EXPOSTAS (C. Sanitarios, Educativos, Xeriátricos, ..) e unha Folla por un uso racional da Telefonía Móbil na infancia coa vontade de convocar en setembro as asociacións de nais e pais e de veciñ@s para frear a contaminación electromagnética en Pontevedra en base ao Principio de Precaución. Ver: Noticia de prensa Faro de Vigo do 23/06.07, Manifesto do Día Mundial das Telecomunicacións.

Foto da rolda de prensa no Faro de Vigo 23/06/07
SOLIDARIEDADE CON MORAÑA
Dous membros dá APDR reunímonos o pasado martes 19 de xuño na zona de Santa Lucía en Moraña co colectivo de persoas afectadas polas antenas de telefonía móbil. Transmítellenos o temor, a incerteza e a soidade na que se atopan ante a concentración de casos de cancro (máis de 50 -dos cales máis do 30% xa faleceron-) en só 5 rúas e 5 lugares durante os derradeiros 10 anos, todos eles nunha contorna no que se sitúan as 3 estacións Basee de Telefonía Móbil e un antigo transformador.
A iso engádese unha serie de síntomas e enfermidades en persoas e animais que a literatura científica tradicionalmente asocia á exposición a microondas pulsátiles.
Neste encontro comprometémonos con devandito colectivo en dar luz e apoio que saque do illamento e a incompresión á súa problemática, así como lles invitamos a participar coa APDR na rolda de prensa que convoca con motivo do Día Internacional contra a Contaminación Electromagnética. Ver recortes de prensa en Moraña. Ver Petición de ESTUDO EPIDEMIOLÓXICO á Consellería de Sanidade.